Esquema de temas

    • Aquí resolveremos as dúbidas do que non entendemos do tema. E se non as resolvemos voltaremos a insistir.

      Non deixamos as dúbidas sen resolver.
  • UNIT 1 . THE WEATHER.

    Neste tema imos traballar o "WEATHER" (o tempo climático, non o das horas). É mooi doado. Terás que aprender cómo se pregunta que tempo vai, o vocabulario, e repasar o verbo "TO BE". 

  • UNIT 2: PERSONAL PRONOUNS AND VERB "TO BE". 4º

    VERBTOBE

  • UNIT 3 : PRESENT CONTINUOUS.WHAT ARE YOU DOING? AND MEMBERS OF THE FAMILY. 4º

    Neste tema imos a aprender a dicir o que estamos facendo no momento de falar. WHAT ARE YOU DOING? / WHAT IS YOUR MUM DOING?... É moi doado, pero antes de nada teremos que repasar o verbo "TO BE" (AM /IS/ ARE) e acordarnos que á acción (é dicir, ao verbo principal hai que engadirlle "-ING"). Imos practicar!

    • What are you doing? (Qué estás facendo?)/ What are you eating? (Qué estás comendo?) / What are you cooking? (Que estás cociñando?)

      I’m playing cards/ I am eating a sandwich/ I’m cooking dinner.

      Estas oracións que nos din o que facemos no momento en que estamos a falar, chámanse “Present Continuous” (Presente Continuo). E constrúense así:

      AFIRMATIVA: SUXEITO ( I/ YOU/ MY FATHER…) – VERBO TO BE (AM/ IS /ARE) – VERBO PRINCIPAL (CON – ING).

      EXAMPLES:    I’m dancing.

                              You  are watching TV.

                               My parents are cleaning the car.

                              My dog is playing with me.

      Se fosen NEGATIVAS, terías que negar o verbo “TO BE”,  se fosen PREGUNTA, terías que poner o verbo “TO BE” en forma interrogativa.

      Repasa o verbo “TO BE” e mira e repite oralmente o vídeo que tes no enlace.

      Falamos mañán.

      Un bico grande.

      Carmen Barro

    • Fai a ficha que tes no enlace na libreta. Sé ordenad@. Le as indicacións que che dou ao abrir a páxina, arriba de todo.

    • Fai "click" no enlace de arriba para practicar as oracións con este xogo. Despois vólveo a facer copiando as oracións correctas na libreta. Ponlle un título. Exemplo: Present Continuous Sentences. Despois, se queres , podes seguir xogando con outros temas ou vocabulario.

    • Cada enunciado con un número que tedes aí é un exercicio con oracións diferentes e todos son exercicios do "Presente continuo", é dicir, o tema que estamos dando. Cando acabades un exercicio ou vos cansades del ou non vos sale, cerrades a pestaña na cruz que hai arriba e ides a outro exercicio. Os últimos son máis difíciles que os primeiros. Non vos preocupedes deles. Quero que miredes os distintos exercicios que hai e que fagades algún. NON TEDES QUE ESCRIBIR NADA NA LIBRETA. SOLO MIRAR COMO SON ESTAS PÁXINAS.

    • Vai ao enlace e traballa os diferentes exercicios que hai para aprender os "Membros da Familia". Despois podes ir a outros temas. O importante é que vaias vendo como funciona esta páxina tan interesante e que eu e os meus alumnnos e alumnas de 5º e 6º traballan tanto.

  • UNIT 4 : WHERE...? (ONDE) 4º

    Neste tema aprenderás como usar as palabras: IN, ON, UNDER,  OVER, IN FRONT OF, BEHIND, NEXT TO, OPPOSITE. 

    Tamén revisaremos vocabulario da casa  e tamén do pueblo (TOWN).

    • IN, ON, UNDER, OVER, IN FRONT OF, BEHIND

      Terás que aprender este video de memoria. É o traballo que tes para hoxe. Apréndeo ben, fíxate que a man que fai de caixa non se move. Aprende o que quere dicir cada palabra.

    • Mira este video e repite varias veces o que di. 

      NOTA: BESIDES significa o mesmo que NEXT TO

    • Aquí tes moitos exercicios interactivos para facer sobre estas palabras que estamos a traballar (chámanse PREPOSITIONS OF LOCATION: PREPOSICIÓNS DE LUGAR). Son palabras que nos indican "onde está algo".

      Non tes que facelos todos. Pero, podes practicar para aprender de forma máis divertida.

      NOTA: É unha proba, se non podes facelos non pasa nada.

    •                AFIRMATIVA: THERE IS – THERE’S – HAI (VERBO HABER ) EN SINGULAR. EX:  There’s a big school in Valdoviño.

                                              THERE ARE- HAY (VERBO HABER ) EN PLURAL. EX:  There are two swimming pools in Valdoviño.

                                             RECORDA: EN NEGATIVA: THERE ISN’T / THERE  AREN’T 

                                              EN PREGUNTA:  IS THERE...? / ARE THERE...?

      Pois facede 10 oracións na libreta, despois de ver o vídeo  de vocabulario que vos puxen na páxina, para que vos axude coas palabras.

      Nota: se queredes escribir a palabra “MOITAS / MOITOS” escribide “MANY”.

    • Neste tema é importante que uses o dicionario.

  • UNIT 5 : THE TIME AND PRESENT SIMPLE. 4º

    THE TIME
    CLOCK


    • Neste video ides ver o mesmo que hai na fotocopia que tedes pegada na libreta. Repasade e sobre todo repetide as oracións.

    • Explora este xogo e aprende a dicir as horas.

    • Escribe na túa libreta a pregunta e as respostas das horas que tes na ficha. RECORDA: pregunta/resposta/ espazo. SÉ ORDENAD@.

      Se non tes a libreta na casa, pódelo facer nun folio ou follas soltas. Despóis podes grampalas, se non tes grampadora, numera as follas e méteas dentro dunha carpetiña.

      EXEMPLO: What is the time?

                          It's three o'clock.

    • Escoita este video varias veces e cántao tamén.

    • Copia a letra da canción na túa libreta. Respeta o espazo e sé ordenad@!!!!

    • Copiade os reloxos na libreta e escribide a oración correcta dicindo que hora é. EXAMPLE: IT'S  TWELVE O'CLOCK.

      O segundo exercicio é máis difícil pero seguro que sabedes facelo mirando polo esquema da libreta. Tedes que escoller unha das opcións que tedes debaixo. Se non vos sale non pasa nada. Facede o exercicio en dous días se queredes. SEDE ORDENADOS. MELLOR EN DOUS DÍAS BEN FEITO QUE NUN DÍA E MAL.

  • UNIT 6 : I LIKE, I DON'T LIKE, DO YOU LIKE? 4º

    Neste tema falaremos do que nos gusta e do que non nos gusta. 

    •  Hoxe tedes unha folla con imaxes de alimentos. Quero que na libreta empecedes o tema poñendo: FOOD,  e despois facedes os debuxos dos alimentos que tedes na imaxe que vos din e debaixo lles poñedes o nome. Recordade que o tamaño da letra ten que corresponderse co tamaño do debuxo. Facede 6 debuxos en cada páxina, co nome do alimento debaixo, un pouco separadiño. SEDE ORDENADOS.

    • Fai "CLICK" no título que tes na línea anterior. Escribe na libreta 3 oracións como no modelo. Cambia o nome dos alimentos.

      1. I like apples, hamburgers and broccoli.

      2. I don't like  peas, hot dogs or coffee.

      3. Do you like corn?

  • TEMA 7: WATCH, LISTEN AND LEARN. 4º

    • Este vídeo ten oracións que aparecen en películas de Disney, nesas oracións aparece o verbo “TO BE” (AM /IS /ARE) en azul, no texto. Escoita varias veces o vídeo e escribe na libreta solo as oracións nas que aparece o verbo “TO BE”. Pon un título ao exercicio, despois escribes a oración e ao lado escribes o título da película e o ano no que se fixo, que aparecen tamén no vídeo. Tes que ir parando o vídeo, claro. Non traduzas o título ao castelán , déixao en inglés. Recorda que as oracións rematan cando hai un punto.

      Example: 1. “Timón this is Nala” – “The Lion King” (1994)

                       2. “I’m sixteen years old” – “ The Little Mermaid” (1989)

      e así fas con todas.

      Sé ordenad@, numera as oracións e escribe con boa letra.

    •  Ola, a todos e todas en 4º de Primaria. Hoxe tedes un vídeo cunha canción de exercicio. Primeiro fan a actividade física lento (SLOW)  e despois rápido (FAST).

      As oracións están en “presente continuo” porque están falando no momento de facer a actividade. Así vedes que a acción, é dicir, o verbo principal da oración,  está con “-ING”.

      Esta canción vainos servir para traballar co dicionario que tedes ao principio do tema. Eu douvos a letra da canción cuns verbos suliñados, a eses verbos quitádelles “-ING” e despois buscádelos no dicionario. NOTA: No dicionario podedes cambiar de español a inglés, e de inglés a español.

      Copiade os verbos na libreta nunha lista, e poñede o significado ao lado. Iso chámase “traducir”.

      Entendedes agora mellor o que di? Ben, se non atopades as palabras no dicionario, non quero que vos preocupedes, practicade a canción escoitando o vídeo e xa está.

    • Aquí tes a letra da canción e os verbos que tes que buscar no dicionario,  suliñados. Telos que buscar quitándolles "-ING".

    • Ola, a todos e todas. Hoxe temos unha historieta que ver no vídeo. Parécenme uns debuxos moi bonitos e unha historia moi sinxela. Se vos fixades sempre se repiten varias oracións:

      -We’re late: Chegamos tarde

      - It’s early: É cedo

      - What’s the harry?: Que présa (apuramento) hai?

      Hoxe, despois de escoitar o vídeo varias veces, quero que fagades un debuxo sobre a historia que acabades de ver. Poñédelle un título. Teñen que estar todos os personaxes. Ten que ocupar toda unha folla. Poñede o nome aos animais, en inglés, claro. Facédeo bonito e dálle color, se podes.

    • Mira este vídeo e fai a práctica oral que se che pide nel. É moi doado.

    • Aquí tes outro dialogo, practicádeo. Xa sabedes, parádelo, repetides, e así varias veces.

      NOTA: No vídeo na configuración, unha imaxe na marxe inferior esquerda tedes a imaxe de configuración (SETTINGS) que parece unha tuerca, aí podedes ralentizar a velocide na que falan. Ás veces, cando non entendemos o que din, é moi útil. Non é recomendable facelo sempre porque non estariamos escoitando o inglés real, pero si que axuda.

    • Fai "click" no título para ver un vídeo sobre LONDRES, a capital de Great Britain. 

    • Neste vídeo recoñeceredes o nome de moitos animais e ademáis aprenderedes a importancia de estar contento ou contenta e ser feliz con un mesmo ou mesma, tal e como somos.

  • UNIT 8: WATCH, LISTEN AND LEARN 6º

    Nesta unidade imos, de novo, a ver vídeos, escoitalos e aprender inglés.

  • UNIT 9: FUTURE CONTINUOUS

    FUTURE CONTINUOUS

  • QUANTIFIERS. 6º

    • Toda esa páxina é de exercicios para escoller "A" ou "AN". Chupado, cando teñas feitos varios e xa o comprendas podes deixalo.

    • Recorda: SOME: Úsase en afirmativas, e tamén en pregunta se son peticións ou ofrecementos. Pero recorda o importante: Úsase para afirmativas. ANY: Úsase para preguntas e negativas.

      Toda a páxina está chea de exercicios moi parecidos, cando xa teñas entendido ben como funcionan "some/any" e tamén o que significan xa non fagas máis.

    • Mira o que ten escrito na pizarra e intenta entender o que che di. Non tes que entender todas as palabras.

    • Neste vídeo tedes a explicación de cando se usa LITTLE (A LITTLE) // FEW (A FEW). Non vos preocupedes se non entendedes todo o importante é entender o básico.

      LITTLE: Para non contables.

      FEW: Para contables.

    • Practica neste enlace o visto anteriormente. Fai os exercicios máis sinxelos. Cando xa o teñas claro podes deixar de facer exercicios.

    • 1.Usando o debuxo que tes nesta páxina escribe oracións na libreta con "QUANTIFIERS". Usa SOME, A (AN), MUCH, MANY, FEW, LITTLE, ANY, A LOT OF, HOW MUCH, HOW MANY (CANTOS ou CANTO en pregunta: HOW MUCH en pregunta non contables, e HOW MANY en pregunta contables).

      Non te preocupes do resto da fixa, é solo para que teñas o debuxo de referencia. Tamén tes aí o vocabulario que tamén te axudará.

      2. Unha vez que tes feitas esas oracións, serían 10, vas a  UNIT 3: GOING SHOPPING de EDIXGAL, e alí, antes de entrar no tema, tes unha TAREFA, para facer, é tan sinxela como que me escribas esas oracións e mas mandes.

      3. Por último, prepara ben esas oracións de forma oral e gravate en FLIPGRID, pódelas ler, por suposto, non tes que sabelas de memoria. Busca a pronunciación das palabras e escoitaas antes de gravarte.

      Ánimo, a ver como sae isto.

      Tes ata o martes que ven para facer estas tres tarefas.

      NOTA: Se non podes ir á páxina onde está o debuxo, no enlace (a min estame dando fallos) invéntate unha despensa ou nevera imaginaria.

      AS ORACIÓNS DEBERAN EMPEZAR CON "THERE IS ..." OU "THERE ARE..." SE SON AFIRMATIVAS, CLARO.

    • Tede paciencia ao cargar a páxina. Se non vos vai de ningunha maneira deixádeo e mirade un vídeo divertido en inglés, pero que ensine algo,eh!

    •  Tede paciencia ao cargar a páxina, lévalle tempo. Tamén tedes que ter activado o “Flash Player” se non o tedes instalado ,non se ven as imaxes. Se non vos carga mirade algún video en “YOUTUBE” ou simplemente repasade.

  • HEALTH PROBLEMS

    • Neste tema é importante que uses o dicionario.

    • Imos facer un “DICTIONARY” con termos que usaríamos se tiveramos que ir ao médico. Unha vez visto o vídeo varias veces, pos un título e escribes as palabras que che escribo a continuación en inglés, búscalas no dicionario, non teñen que ir por orde alfabético, e escribes a súa tradución ao galego ou ao español, como queiras. NOTA:  ao mellor non tes que buscar as palabras no dicionario porque co propio vídeo xa te das conta do significado. Sé ordenad@, deixa espazo, escribe o significado correcto, non todos os significados. RECORDA QUE O SIGNIFICADO TEN QUE VER COA SAÚDE.

      MOI IMPORTANTE: MIRA O VÍDEO ATA O FINAL ANTES DE EMPEZAR A FACER O EXERCICIO. VAICHE AXUDAR MOITO!!!!

      PÓNOCHE UN ENLACE AO DICIONARIO AO PRINCIPIO DO TEMA, TAMÉN PODES USAR O WORDREFERENCE, TES O ENLACE MÁIS ARRIBA.

      Palabras que hai que buscar: ILLNESS, APPOINTMENT, HEALTH, ACHE, BACKACHE, EARACHE, HEADACHE, STOMACH ACHE, TOOTHACHE, INTESTINAL DISORDES, COLD, COOUGH, FEVER, FLU, DRY EYES, SORE THROAT,DIAORRHEA, FLATULENCE, FEEL (VERB) , SICK, HURT (VERB) ,  BAD, MISERABLE, FINE, GOOD, TERRIFIC, FANTASTIC, BAD, AWFUL, HORRIBLE, TERRIBLE, SNEEZE (VERB) ,  TIRED, TABLETS, PILLS, DRUGS.

      HOW DO YOU FEEL?

      WHAT’S WRONG?

      WHAT’S THE MATTER?  

    • Aquí tes tres vídeos máis este é o primeiro. Os outros dous están na ligazón de máis abaixo), relacionados co mesmo tema e moi parecidos. Míraos con calma. E repasa as palabras que fixeches no teu dicionario sobre “ILLNESS”. Nada máis. A próxima semana vouvos poñer unha tarefa sobre este tema. Pero xa falamos o luns.

      Un bico e descansade o fin de semana dos deberes e tomade moito aire libre.

      Mooitos bicos!

      Carmen Barro