Esquema de temas
-
-
FORO DE NOVAS E COMENTARIOS DE 4ºA
-
FORO DE NOVAS E COMENTARIOS DE 4ºB
-
-
Aquí aprendemos o verbo "TO BE" (AM /IS /ARE). Significa "SER/ ESTAR". É un verbo moi importante que temos que usar moitas veces en inglés e que hai que aprender.
-
Learn this song. (Aprende esta canción)
-
Aquí hai unha explicación que tes que aprender.
-
Aquí podes ver como se usa o verbo "TO BE" para negar (para dicir que no)
-
Neste vídeo explícase como facer as preguntas co verbo "TO BE"
-
Aquí tes un enlace para practicar o verbo "TO BE" (SER /ESTAR)
-
Escribe na libreta unha descripción de Rafa Nadal, mirando esta foto. Despois fai ti unha descripción do teu deportista ou cantante favorito ou favorita. Escribe ben, sé ordenado/a e pon un título primeiro. Axúdate da fotocopia que tes cos adxectivos "OPPOSITES"
-
-
Neste tema imos usar o verbo "TO HAVE GOT" e como estamos facendo imos describir o aspecto físico das persoas.
-
Fai click aquí e atoparás o verbo "TO HAVE GOT" (verbo ter) , terás que sabelo para facer oracións describindo xente. Tamén o tedes pegado na libreta.https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/aulavirtual/pluginfile.php/22900/mod_resource/intro/havegot.jpg
-
Esta ficha é de VOCABULARIO. Tes que aprender a consultala. Tamén a tes entre as follas da libreta.
-
Fai esta ficha interactiva e despois escrebes na libreta o título "MY FRIENDS" e debaixo copias as oracións que están na ficha, xa completadas.
-
Mira este VIDEO e repite o vocabulario varias veces.
-
Mira este VIDEO varias veces e fai o seguinte exercicio: escribe o título BODY PARTS e debaixo escribes todas as palabras que escoites das partes do corpo. SÉ ORDENADO OU ORDENADA.
-
-
-
Nesta ficha tes unha explicación de como dicir a hora en inglés. Por suposto, terás que saber escribir os números.
-
Neste video ides ver o mesmo que hai na fotocopia que tedes pegada na libreta. Repasade e sobre todo repetide as oracións.
-
Explora este xogo e aprende a dicir as horas.
-
Copiade os reloxos na libreta e escribide a oración correcta dicindo que hora é. EXAMPLE: IT'S TWELVE O'CLOCK.
O segundo exercicio é máis difícil pero seguro que sabedes facelo mirando polo esquema da libreta. Tedes que escoller unha das opcións que tedes debaixo. Se non vos sale non pasa nada. Facede o exercicio en dous días se queredes. SEDE ORDENADOS. MELLOR EN DOUS DÍAS BEN FEITO QUE NUN DÍA E MAL.
-
Escribe na túa libreta a pregunta e as respostas das horas que tes na ficha. RECORDA: pregunta/resposta/ espazo. SÉ ORDENAD@.
EXEMPLO: What is the time?
It's three o'clock.
-
Aprende esta canción para practicar "THE ABC" (The alphabet) in English.
-
Dialogo coas horas.
-
-
Neste tema imos traballar o "WEATHER" (o tempo climático, non o das horas). É mooi doado. Terás que aprender cómo se pregunta que tempo vai, o vocabulario, e repasar o verbo "TO BE".
-
1. Segue as instrucións da ficha que che dou a continuación.
-
A continuación do último que fixeches, na libreta, fai debuxos iguais ou parecidos ás palabras que vas atopar na ficha que tes a continuación (nen moi grandes, nen moi pequenos. Que che caiban 6, máis ou menos en cada páxina. RECORDA: SÉ ORDENAD@. FAI AS COUSAS BONITAS.
-
Escoita varias veces esta canción. Haberá algunhas palabras que non entendas, pero non importa.
-
Agora terás que descargar a ficha que che envío (se non che aparece, búscala na carpeta "DESCARGAS"). Ten a letra da canción (LYRICS) pero con espazos en blanco. Unha vez que teñas descargada a ficha, cubre os espazos en blanco, éncheos coas palabras correctas que escoitas no video. Debes escoitar o video ao mesmo tempo (será máis doado). NOTA: SERÁ MOI FÁCIL SE XA TES ESTUDADO O VOCABULARIO.
-
Mira este vídeo varias veces e trata de repetir as palabras que coñezas que hai nel. Copia na libreta o texto.
Para ver os subtítulos, tedes que facer "clic" na rodiña que hai no video, abaixo á dereita e ir a subtitulos. Poñédeo en inglés, claro!
Podedes escribir o texto na libreta. NOTA: sede ordenados.
-
What is the weather like?, una ficha interactiva de alejovies
liveworksheets.comAquí tes dúas páxinas interactivas. Fai a primeira e despois copias a pregunta e resposta na libreta. Sé ordenad@. Se queres, tamén podes facer a segunda. Se pasas o rato polo número podes escoitar unha palabra sobre a roupa. Podes abrir nunha páxina nova o "LINGUEE" para buscar a palabra. -
Neste enlace tedes máis exercicios por se queredes seguir practicando.
-
-
-
Aquí tes verbos de rutinas que podes consultar. Repasa estes verbos.
RECORDA: "Routines" son aquelas accións que facemos con frecuencia.
Fai oracións na libreta dicindo a que hora fas algunhas das rutinas que están no vocabulario.
Exemplo: I have lunch at three o'clock.
-
Busca as oracións que indican "ROUTINES" nesta canción e escríbeas na libreta. Pon de título "VAMPIRE SONG". Escoitaa varias veces.
-
Podes intentar facer esta ficha. Se non sabes algunha palabra, búscaa no diccionario "LINGUEE".
-
Escoita este video varias veces e cántao tamén.
-
Copia as oracións que indiquen rutinas, na túa libreta. Pon de título: "WHAT DO YOU DO EVERYDAY?" Respeta o espazo e sé ordenad@!!!!
-
Neste vídeo aprenderás "PERSONAL PRONOUNS". Son palabras moi importantes que sustitúen aos nomes e que temos que utilizar mtoitas veces en todos os idiomas.
-
Este é outro vídeo para que repases o visto no vídeo anterior.
-
-
Neste tema aprenderás como usar as palabras: IN, ON, UNDER, OVER, IN FRONT OF, BEHIND, NEXT TO, OPPOSITE.
Tamén revisaremos vocabulario da casa e tamén do pueblo (TOWN).
-
IN, ON, UNDER, OVER, IN FRONT OF, BEHIND
Terás que aprender este video de memoria. É o traballo que tes para hoxe. Apréndeo ben, fíxate que a man que fai de caixa non se move. Aprende o que quere dicir cada palabra.
-
Mira este video e repite varias veces o que di.
NOTA: BESIDES significa o mesmo que NEXT TO
-
Aquí tes moitos exercicios interactivos para facer sobre estas palabras que estamos a traballar (chámanse PREPOSITIONS OF LOCATION: PREPOSICIÓNS DE LUGAR). Son palabras que nos indican "onde está algo".
Non tes que facelos todos. Pero, podes practicar para aprender de forma máis divertida.
NOTA: É unha proba, se non podes facelos non pasa nada.
-
AFIRMATIVA: THERE IS – THERE’S – HAI (VERBO HABER ) EN SINGULAR. EX: There’s a big school in Valdoviño.
THERE ARE- HAY (VERBO HABER ) EN PLURAL. EX: There are two swimming pools in Valdoviño.
RECORDA: EN NEGATIVA: THERE ISN’T / THERE AREN’T
EN PREGUNTA: IS THERE...? / ARE THERE...?
Pois facede 10 oracións na libreta, despois de ver o vídeo de vocabulario que vos puxen na páxina, para que vos axude coas palabras.
Nota: se queredes escribir a palabra “MOITAS / MOITOS” escribide “MANY”.
-
Neste tema imos a aprender a dicir o que estamos facendo no momento de falar. WHAT ARE YOU DOING? / WHAT IS YOUR MUM DOING?... É moi doado, pero antes de nada teremos que repasar o verbo "TO BE" (AM /IS/ ARE) e acordarnos que á acción (é dicir, ao verbo principal hai que engadirlle "-ING"). Imos practicar!
-
Vai ao enlace e traballa os diferentes exercicios que hai para aprender os "Membros da Familia". Despois podes ir a outros temas. O importante é que vaias vendo como funciona esta páxina tan interesante e que eu e os meus alumnnos e alumnas de 5º e 6º traballan tanto.
-
Cada enunciado con un número que tedes aí é un exercicio con oracións diferentes e todos son exercicios do "Presente continuo", é dicir, o tema que estamos dando. Cando acabades un exercicio ou vos cansades del ou non vos sale, cerrades a pestaña na cruz que hai arriba e ides a outro exercicio. Os últimos son máis difíciles que os primeiros. Non vos preocupedes deles. Quero que miredes os distintos exercicios que hai e que fagades algún. NON TEDES QUE ESCRIBIR NADA NA LIBRETA. SOLO MIRAR COMO SON ESTAS PÁXINAS.
-
Fai "click" no enlace de arriba para practicar as oracións con este xogo. Despois vólveo a facer copiando as oracións correctas na libreta. Ponlle un título. Exemplo: Present Continuous Sentences. Despois, se queres , podes seguir xogando con outros temas ou vocabulario.
-
What are you doing? (Qué estás facendo?)/ What are you eating? (Qué estás comendo?) / What are you cooking? (Que estás cociñando?)
I’m playing cards/ I am eating a sandwich/ I’m cooking dinner.
Estas oracións que nos din o que facemos no momento en que estamos a falar, chámanse “Present Continuous” (Presente Continuo). E constrúense así:
AFIRMATIVA: SUXEITO ( I/ YOU/ MY FATHER…) – VERBO TO BE (AM/ IS /ARE) – VERBO PRINCIPAL (CON – ING).
EXAMPLES: I’m dancing.
You are watching TV.
My parents are cleaning the car.
My dog is playing with me.
Se fosen NEGATIVAS, terías que negar o verbo “TO BE”, se fosen PREGUNTA, terías que poner o verbo “TO BE” en forma interrogativa.
Repasa o verbo “TO BE” e mira e repite oralmente o vídeo que tes no enlace.
Falamos mañán.
Un bico grande.
Carmen Barro
-
Fai a ficha que tes no enlace na libreta. Sé ordenad@. Le as indicacións que che dou ao abrir a páxina, arriba de todo.
-
-
-
Este vídeo ten oracións que aparecen en películas de Disney, nesas oracións aparece o verbo “TO BE” (AM /IS /ARE) en azul, no texto. Escoita varias veces o vídeo e escribe na libreta solo as oracións nas que aparece o verbo “TO BE”. Pon un título ao exercicio, despois escribes a oración e ao lado escribes o título da película e o ano no que se fixo, que aparecen tamén no vídeo. Tes que ir parando o vídeo, claro. Non traduzas o título ao castelán , déixao en inglés. Recorda que as oracións rematan cando hai un punto.
Example: 1. “Timón this is Nala” – “The Lion King” (1994)
2. “I’m sixteen years old” – “ The Little Mermaid” (1989)
e así fas con todas.
Sé ordenad@, numera as oracións e escribe con boa letra.
-
Ola, a todos e todas en 4º de Primaria. Hoxe tedes un vídeo cunha canción de exercicio. Primeiro fan a actividade física lento (SLOW) e despois rápido (FAST).
As oracións están en “presente continuo” porque están falando no momento de facer a actividade. Así vedes que a acción, é dicir, o verbo principal da oración, está con “-ING”.
Esta canción vainos servir para traballar co dicionario que tedes ao principio do tema. Eu douvos a letra da canción cuns verbos suliñados, a eses verbos quitádelles “-ING” e despois buscádelos no dicionario. NOTA: No dicionario podedes cambiar de español a inglés, e de inglés a español.
Copiade os verbos na libreta nunha lista, e poñede o significado ao lado. Iso chámase “traducir”.
Entendedes agora mellor o que di? Ben, se non atopades as palabras no dicionario, non quero que vos preocupedes, practicade a canción escoitando o vídeo e xa está.
-
Aquí tes a letra da canción e os verbos que tes que buscar no dicionario, suliñados. Telos que buscar quitándolles "-ING".
-
Ola, a todos e todas. Hoxe temos unha historieta que ver no vídeo. Parécenme uns debuxos moi bonitos e unha historia moi sinxela. Se vos fixades sempre se repiten varias oracións:
-We’re late: Chegamos tarde
- It’s early: É cedo
- What’s the harry?: Que présa (apuramento) hai?
Hoxe, despois de escoitar o vídeo varias veces, quero que fagades un debuxo sobre a historia que acabades de ver. Poñédelle un título. Teñen que estar todos os personaxes. Ten que ocupar toda unha folla. Poñede o nome aos animais, en inglés, claro. Facédeo bonito e dálle color, se podes.
-
Neste tema falaremos do que nos gusta e do que non nos gusta.
-
Fai "CLICK" no título que tes na línea anterior. Escribe na libreta 3 oracións como no modelo. Cambia o nome dos alimentos.
1. I like apples, hamburgers and broccoli.
2. I don't like peas, hot dogs or coffee.
3. Do you like corn?
-
-
Nesta unidade imos, de novo, a ver vídeos, escoitalos e aprender inglés.
-
Fai "click" no título para ver un vídeo sobre LONDRES, a capital de Great Britain.
-
Neste vídeo recoñeceredes o nome de moitos animais e ademáis aprenderedes a importancia de estar contento ou contenta e ser feliz con un mesmo ou mesma, tal e como somos.
-
-
-