Esquema de temas
-
-
Este ficheiro GCODE imprimirá un cadradiño en cada esquina da cama, que nos axudará a nivelar e comprobar a correcta nivelación da mesma.
Gardao na tarxeta SD e imprimeo na túa impresora, a medida que vai imprimindo verás se o fai correctamente e poderás ir regulando a cama apretando á dereita (baixar cama) ou afroxando á esquerda (subir cama).
-
THINKERCAD
Trátase dun software de deseño en 3D on-line. É necesario rexistrarse cunha conta de correo electrónico.
É unha ferramenta para introducirse no mundo do deseño 3D, pois a apariencia "interface" é sinxela e atractiva. Non é útil para deseños complexos.
Vantaxes: Fácil de empregar, e con poucas horas de adestramento podemos conseguir destrezas no seu uso.
Inconvenientes: É necesario ter unha conta de correo para darse de alta, pois so ten versión en rede, e necesitamos conexión a internet permanente.