Skip to Content

Xornada de divulgación sobre os "morcegos"

Roberto Hermida, Doutor en Bioloxía que pertence a Asociación "Drosera"  para o estudo e conservación do medio natural, estivo no CPI de Atios, 

ofrecendonos unha charla divulgativa sobre os "morcegos" unha especie ameazada en Galicia, un animal tan descoñecido coma imprescindible no noso ecosistema,

pois trátase dun mamífero voador, gran controlador de plagas de insectos, importante polinizador e excelente dispersador de sementes.

En definitiva, un animal importantísimo no noso ecosistema, e que axuda a conservar a biodiversidade da paisaxe.

A continuación ensinounos a construír caixas refuxio para os morcegos, que instalamos no patio.

Máis información na páxina "morcegos de galicia"

Repartíronse comecocos sobre morcegos entre todo o alumnado.

Hai unha unidade didáctica "morcegos de galicia" para traballar o tema na aula.

Esta iniciativa partiu do equipo de robótica "FrouxiMakers" que están elaborando o seu proxecto científico "Adopta morcegos, nin somos feos, nin somos cegos" para a súa participación na First Lego League Galicia, o vindeiro 18 de febreiro , no Auditorio de Ferrol.

Tamén fixeron unha enquisa para averiguar o que coñecemos sobre os morcegos, si o desexas, podes averiguar que é o que coñeces sobre os morcegos premendo aquí.



page | by Dr. Radut