Skip to Content

Obradoiros de Robótica no CPI de Atios

45544 LEGO® MINDSTORMS® Education EV3Comezamos unha nova andaina no Departamento de Tecnoloxía:

Dentro dos "Contratos Programa" este ano 2015 comeza un novo experimento educativo, os "OBRADOIROS DE ROBÓTICA" co robot de LEGO.

Estes talleres de Robótica están enfocados a mellorar a competencia tecnolóxica, científica e matemática do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e de todo o alumnado da ESO.
Está dirixido a alumnos destes niveis que posúan unha destacada capacidade e motivación para aprender.

Este curso participaremos cun equipo na fase preliminar da LEGO LEAGUE,  por xentileza da Universidade da Coruña e a Escola Politécnica de Ferrol, que nos convida a participar neste concurso de recoñecemento internacional, cuxa fase preliminar celebrarase no Campus de Ferrol o vindeiro sábado 28 de Febreiro. (Ver Video)



page | by Dr. Radut