Teatro con G
- Departamentos e Ciclos:
Este curso, a Coordinadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra, ofertounos aos centros asociados, a actividade de "Teatro con G".
Puidemos gozar de dúas obras; unha enfocada a Infantil e Primaria, "As pitas baixo a choiva" de Teatro dos Ghazafelhos, adaptación do conto de Carvalho Calero.
E outra enfocada a Secundaria "De Carvalho Calero a Xela Arias”, interpretada por Serafín Marcos, facendo un percorrido pola vida e obra da escritora homenaxeada este ano e dedicando unha parte da súa representación a Ricardo Carvalho Calero, galardoado o ano pasado.
Deste xeito, boa parte do alumnado do centro, gozou das obras o día de celebración das Letras Galegas.
Graciñas á CENLF por esta oportunidade!