Skip to Content

Blogues

Memoria

Impresora 3D

Os compañeiros e compañeiras de 4º de ESO PDC, que
estaban a construír a Imprusiño, a súa impresora 3D, conseguiron
rematalo a tempo para poder amosalo no Día da Ciencia na Rúa, este
sábado pasado na Coruña. A exposición foi todo un éxito, achegouse
moitísima xente polo stand onde estaba Imprusiño, deron moitísimos
parabéns e quedaron moi impresionados polo traballo do equipo, do que
estaban como representantes Rita e Cris.

Até saímos nos medios!


En T5,  11 minutos para o final: http://www.telecinco.es/informativos/informativos_fin_de_semana/Informativos_Fin_de_Semana-Jose_Ribagorda-Carme_Chaparro_2_1598655090.html



Na Galega, minuto 27:20: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-579932


Na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/album/coruna/2013/05/04/dia-ciencia-calle-coruna/01101367686501978341365.htm


Unha aperta

ATIOS TV

 A NOSA CANLE DE TELEVISIÓN EDUCATIVA ATIOS TV...NELA IREMOS AMOSÁNDOVOS O QUE FACEMOS E COMO APRENDEMOS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!  PINCHADE NA PANTALLA.

Alumnado de 4º de PDC constrúe unha impresora en 3D

Parabéns o alumnado de 4º de PDC e o seu profesor Tucho

 

 

Parabéns aos nosos programadores!

Queremos dar os parabéns aos alumnos que participaron no certame Google Code-In 2012, especialmente a Martín Hermida e Julián Fonticoba de 4º ESO A, que foron uns dos 334 rapaces, en todo o mundo, que foron quen de rematar algunha das tarefas propostas neste concurso internacional.

Esperamos que este sexa o primeiro de moitos retos superados polos nosos coders, e que moitos alumnos e alumnas máis se apunten ás vindeiras convocatorias!

Responsabilidades e protocolos da equipa

Publicamos as responsabilidades e os protocolos da equipa, para que saibades quen está a facer o que e para que poidades dirixirvos á persoa axeitada en cada caso.

Podédelo consultar aquí.

Consulta fondos bibliográficos

Para consultar a maior parte dos fondos bibliográficos da nosa biblioteca a través fai click no moucho

Proba galería con link

Proba album

Isto hai que facelo embebendo o código desde o picasaweb.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut