Titorial para o pago do comedor escolar en espazoAbalar
Publícase un titorial para o pago do servizo de comedor escolar no espazoAbalar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Titorial para o pago no espazoAbalar da taxa polo uso do servizo de comedor escolar.pdf | 745.98 KB |
Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros 2024/2025
Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes definitivas do fondo de libros para o alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2024/2025.
IMPORTANTE: Tal e como figura na listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025, a todo o alumnado de 1º da ESO prestaráselle o libro de Tecnoloxía e Dixitalización e a todo o alumnado de 3º da ESO prestaráselle o libro de Física e Química.
Polo tanto, ningún alumno de 1º e de 3º da ESO ten que mercar ningún dos libros indicados anteriormente.
Solicitudes do comedor escolar para o curso 2024/2025
Publícase unha nota informativa sobre as solicitudes para utilizar o comedor escolar no vindeiro curso 2024/2025 e o anexo II modelo de autodeclaración e especificacións.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nota informativa sobre as solicitudes para o comedor escolar 2024_2025.pdf | 133.47 KB |
ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS 2024_2025.pdf | 162.46 KB |
Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2024/2025
No ficheiro adxunto pódense consultar as datas nas que se publicarán as listaxes do fondo de libros e nas que se entregarán os vales coas axudas de material e de libros para o curso 2024/2025.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2024_2025.pdf | 159.46 KB |
Listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025
No ficheiro adxunto publícase a listaxe de libros de texto deste centro para o curso 2024/2025.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Listaxe libros de texto 2024-2025.pdf | 258.1 KB |
Impresos de matrícula en ESO para o curso 2024/2025
Nos ficheiros adxuntos atópanse os impresos de matrícula de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO para o curso 2024/2025. O prazo de matrícula abrangue do 24.06.2024 ao 08.07.2024 (ambos incluídos). O alumnado que xa está matrículado no centro neste curso 2023/2024 só debe presentar:
- 1º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.
- 2º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.
- 3º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado, a fotocopia do DNI do alumno/a e o xustificante de pago do seguro escolar (ver o último recadro do impreso de matrícula para o pago do seguro).
- 4º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado e o xustificante de pago do seguro escolar (ver o último recadro do impreso de matrícula para o pago do seguro).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Matrícula 1º ESO 2024-2025.pdf | 48.02 KB |
Matrícula 2º ESO 2024_2025.pdf | 50.89 KB |
Matrícula 3º ESO 2024_2025.pdf | 88.98 KB |
Matrícula 4º ESO 2024_2025.pdf | 101.37 KB |
Fondo de libros e axudas para material e para libros 2024/2025
Nos ficheiros adxuntos pódese consultar a nota informativa sobre o fondo de libros, as axudas para a adquisición de material escolar e as axudas de libros para o curso 2024/2025 e o formulario de solicitude (anexo I e II).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nota sobre fondolibros_axudaslibros_axudasmaterial_2024_2025.pdf | 194.96 KB |
Solicitude fondolibros axudas libros e material ED330B 2024_2025 anexo I e anexo II.pdf | 3.49 MB |
Listaxe do alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025
Pódese consultar a listaxe do alumnado admitido e non admitido neste centro para o curso 2024/2025 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte da conserxería).