886 159 005 |
cpi.alfonso.vii@edu.xunta.gal |
Fondo libros e axudas material escolar para o curso 2020-2021
FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021
A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado de Educación Primaria e ESO.
O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.
Presentación de solicitudes:
As solicitudes póndese presentar da seguinte forma:
-
Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
-
Cubrir a solicitude editable no propio ordenador picando aquí, imprimila e presentala no centro xunto coa documentación requerida .
-
Descargar a solicitude picando aquí, imprimila, cubrila manualmente e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.
Para poder cumprir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceranse quendas por curso:
Datas |
Curso no que se matriculará o/a alumno/a no curso 2020-2021 |
25 ao 29 de maio | 1º, 2º e 3º de Educación Primaria |
1 ao 5 de xuño | 4º, 5º e 6º e Educación Primaria |
8 ao 12 de xuño | ESO |
Familias con varios irmáns no centro: só presentarán unha única solicitude podendo elexir a quenda que máis lle conveña.
Rogamos que veña toda a documentación xa cuberta e preparada para axilizar os trámites e que a permanencia no centro sexa o máis breve posible.
Para máis información:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/