O CDAN presente na Semana da Música de Lugo

  • Músicas de estilos diversos entre o 31 de Maio e o 12 de Xuño
  • O cartel presenta diversidade de grupos e estilos

 

O 7 de Xuño é a cita no Gustavo Freire onde os grupos de CDAN bailarán Giselle e Mahimata. A actuación, que será ás 20.30 h. haberá un acto previo; a proxeción da película HOME ás 18.30

Na primeira parte será Giselle quen pisará as táboas para deixar logo paso, na segunda, a Mahimatá

PROGRAMA:

I Parte: Giselle (adaptación do ballet de Adolph Adam) Baila o Alumnado de Grao Profesional da especialidade de
Danza Clásica do Conservatorio profesional de danza de Lugo.

II Parte: Mahimata (estrea: coreografía orixinal do profesorado do centro) Baila grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de danza de Lugo.

Giselle
Símbolo do ballet romántico, Giselle é un ballet composto por Adolphe Adam en 1841, con libreto de Théophile Gautier e coreografía orixinal de Jules Perrot e Jean Coralli.

Argumento:

Giselle é unha nova e inocente campesiña que está namorada
de Albrecht, un nobre que se fai pasar por aldeano para conseguir
o amor desta. Hilarión, o gardabosques, tamén está namorado
de Giselle, pero ela rexéitao e confésalle o seu amor por
Albrecht. Ao descubrir que Albrecht está comprometido cunha
xoven princesa, perde a cordura e morre.
O segundo acto transcorre nun bosque no que se atopa a tumba
de Giselle. Polas noites, o bosque está dominado polas Willis,
espíritos das noivas abandonadas polos seus prometidos antes
de casarse. Baixo o mando de Myrtha, obrigan a calquera home
que pase por aí a bailar ata a súa morte. Myrtha decide que Albrecht
debe morrer tamén, pero o espírito de Giselle vela por él…
Baila o Alumnado de Grao Profesional da especialidade de Danza
Clásica do Conservatorio profesional de danza de Lugo.
Coreografía adaptada sobre o orixinal polo profesorado: Mª Begoña
Acuña González, Carlos Doural LaFuente, Mª Belén Fernández
Covelo, María Gil Martínez, Cristina Lata Villoch, Nuria Matos Patiñó,
Jesús Manuel López Quiroga.

Mahimata

"A beleza da terra non me transformou, máis ben revolucionou a miña visión das cousas. Observándoa de preto, logrei entender ese equilibrio extremadamente sutil, ou máis ben ese mecanismo fráxil do que todos derivamos. Todo está vivo e todo está relacionado. Desta toma de conciencia xorde unha responsabilidade, tanto individual como colectiva. A responsabilidade de frear a destrución da vida, de compartir esta ambición co maior número de persoas posible. Estou plenamente convencido de que todos podemos e debemos comprometernos, que entre todos podemos atopar unha solución, e sobre todo que se actuamos, seremos felices".

Yann Arthus-Bertrand

Mahimata é un proxecto de creación coreográfica nacido no Departamento
de Danza Contemporánea do Conservatorio de Danza de Lugo
que ten como obxectivos sensibilizar sobre a situación de desequilibrio
que vive o home no medio no que pertence e compartir unha mensaxe
de entendemento co noso planeta a través da linguaxe da danza.
Baila: Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional
de Danza de Lugo.
Coreografías: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e
Reyes González.