Posta en Escena das alumnas de Alba Felpete

As alumnas de 6º curso de grao profesional farán unha representación das personaxes que elixiron para estudar durante este curso. Mostrarannos a vida psicofísica destes personaxes, as emocións que conteñen a súa conduta, as
transformacións e rutas polas que pasa a personaxe, quizais a súa esencia, o vestiario co que se cobre e a melodía que o acompaña. Os silenzos, os sons, as paradas, os ritmos, as frases, a tonicidade do seu corpo e da súa alma, o simétrico e o asimétrico, a relación coa gravidade, etc. Todo fala se queremos escoitar.

A cita será na AULA POLIVALENTE o Mércores 22 de maio ás 16.00 horas e a entrada é libre e de balde.