Novo éxito das Mary Poppins

O grupo das "Mary Poppins" do Cdan vén de conquerir un novo éxito, desta vez no Concurso Nacional de Danza Anaprode, celebrado na Cidade de Tarragona entre os días 4 e 5 de Maio.

A actuación do grupo foi agasallado cun merecidísimo 1º Premio. Non é a primeira vez que o traballo dos bailarins maxistralmente dirixidos pola profesora e coreógrafa, Cristina Lata, é premiada. Xa na semana pasada fixéronse có primeiro premio no concurso de Vigo.