Prevención de lesións no bailarín nos Faladoiros do CDAN

Esther Eiras será a encargada de pechar os "Faladoiros arredor da danza" cunha charla que leva por título "Prevención de lesións no bailarín".

Nesta ocasión, a poñente disertará sobre as lesións máis habituais nos bailaríns e poñerá especial énfasis en como se poden evitar, para poder gozar da profesión ao máximo rendemento.

A charla de gran interés, tanto para bailaríns como para nais e pais, terá lugar o Venres 28 de Novembro a partir das 18.00 h. no auditorio do CMUS "Xoán Montes" de Lugo.

Entrada libre e de balde

Esther Eiras

Estudou en Madrid Ballet, Danza Jazz, Modern, Flamenco, Teatro, Teatro Musical e Música. Traballou en producións de teatro, TV e cinema. Directora e coreógrafa de "Urbano" , que foi representado na primeira edición de "Emerxencias" da Casa Acesa de Madrid..

En 2005 trasládase a vivir a Nova York e, ao seis meses, consegue unha bolsa na Martha Graham Dance Center of Contemporany Dance. En 2006 entra a formar parte como bailarina da Martha Graham Dance Ensembe baixo a dirección de Marnie Thomas e Virginie Mecene, representando en USA e en Europa os ballets  "Dark Meadow" co rol "the one who knows", "Prelude to Action" co rol "leader of the chorus", "Appalachian Spring", "Night Journey" e "Acts of Ligths".

En xullo de 2007 obtén o certificado de Mestra da Técnica Graham de Danza pola Martha Graham Dance Center of Contemporany Dance.

En Nova York , ampla a súa formación en Danza Contemporánea e Jazz no centro de Alvin Ailey, Paul Taylor e Broadway Dance Center. Dirixiu e coreografiado "Equity Time", "Bymyself", "Strings", "Spain Song". Ademais, como bailarina, formou parte de "Rede Tail Project" dirixido por J. Conley&P. Daugherty, e "Choreographing Space", dirixido por Eva Pérez de Veiga de "e+i architecture ".

En decembro de 2007 completa o certificado "Administration for the Arts" en New York University.

De regreso a España, em 2008, imparte clases de Danza Graham no Centro Amor de Deus de Madrid, Universidade Carlos III de Madrid e Centro Coreógrafico da Coruña.

Diplomada en Fisioterapia pola Universidade da Coruña. Traballa co Dr. Claus Knapp como directora de "Escola de Columna" en Madrid (www.centrogalileo.es) e imparte clases de "Prevención de lesións para bailaríns de Danza Contemporánea".