"Prevención de lesións no bailarín" nos Faladoiros do Cdan Lugo

Hoxe Luns, terá lugar a segunda das charlas do programa "Faladoiros arredor da danza", unha serie de 3 encontros coordinados dende o "Equipo de actividades culturais e de promoción das ensinanzas" e organizado polo Departamento de materias teóricas co fin de divulgar temas de interese para o alumnado de grao profesional das especialidades de danza clásica e danza contemporánea.

Sobre a poñente

Bailarina e diplomada en Nutrición Humana e Dietética na Universidade Católica San Antonio, Murcia, obtendo a especialidade de nutrición na Infancia e Nutrición deportiva; no seu traballo final de carreira leva a cabo un estudo baseado en “Valoración Nutricional das bailarinas de Danza Clásica”.
Como experiencia profesional en Nutrición interveu en estudos con polifenoles e aminoácidos ramificados para deportistas en distintas feiras de alimentación da rexión de Murcia, na empresa Natur House de Barcelona, realizando dietas a particulares. Imparte un curso de Educación Nutricional aos bailaríns do Centro Andaluz de Danza en 2011.
Actualmente atópase finalizando o curso de Adaptación ao Grao de Nutrición na Universidade de Alacante.
Como bailarina, estuda danza clásica no Conservatorio de Murcia, e inicia posteriormente Pedagoxía da danza no Institut do Teatre, Barcelona. Bailarina da Compañía Jove de Badalona, baixo a dirección de Marissa Ydes e estudando con Joan Boix e Roser Muñoz. Bailarina da Compañía Mediterrani de Ramón Oller.
Realiza durante dous veráns consecutivos scholarship na Compañía The Works, Jennifer Muller (New York) e realiza workshop na escola de Alvin ailey, Merce Cunningahan, Mark Morris e Paul Taylor de New York.
Actualmente bailarina na compañía Teatro o Velador/ChinaBaus coa obra “Upper”.

A actividade desenvolverase no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Lugo entre as 19.30 e as 21.30 h do dia 17 de novembro, Luns. Está dirixida principalmente ao alumnado de Grao Profesional de Danza, asi como ao público en xeral. Entrada de balde.

Outra charla previstas dentro do "Faladoiros arredor da danza" é a de "Prevención de lesións no bailarín" o dia 28 de novembro de 18.00 a 20.00 h. con Esther Eiras como poñente.