SEVEN COLOURS EXTENSIONS no Explurart de Vigo

O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza a segunda edición do Festival ExplurArt entre o 24 de Marzo  e o 11 de Abril.

A idea deste festival é a de crear un espazo común a tódalas disciplinas artísticas nunha simbiose multidisciplinar.

 

O Conservatorio de Danza de Lugo presentará neste festival a obra “Seven Colours Extensions”, peza  na que participa o alumnado de Grao Profesional da Especialidade Danza Contemporánea conxuntamente co Grupo de Percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

A actuación será  o 4 de Abril ás 20.30h no Auditorio do Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo.