Jesús Bal y Gay dende a perspectiva do presente

Jesús Bal y Gay dende a perspectiva do presente
 
O Departamento de Música do CDAN Lugo, organiza unha charla arredor da figura do músico lucense Jesús Bal y Gay.
 
A charla que estará guiada pola Musicóloga Rosa Mª Fernández García, pretende achegarse á complexa figura de Jesús Bal y Gay como musicógrafo, musicólogo e compositor tanto na súa Galicia natal como no exilio mexicano, facendo especial fincapé nos aspectos medulares e únicos do seu pensamento, dende a perspectiva do seu aporte á estética musical no século XXI.
 
Esta é a segunda actividade organizada polo departamento de música logo da adicada á figura de Gustavo Freire relatada polo Doutor Xulio Pardo de Neyra, có que se pretende achegar a historia dos principais músicos lucenses, moitas das veces non recoñecidos na súa xusta medida pola importante aportación á cultura musical lucense e mundial
 
A actividade levarase a cabo no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado (Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. Lugo) o venres dia 7 de Marzo ás 19.30 con entrada libre e de balde.
 
A poñente Rosa María Fernández García é doutora cum laude en musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Máster de Dereito da Unión Europea pola Universidade da Coruña e licenciada con grao en Historia pola Universidade de Oviedo.

En 2006 é nomeada Académica da Reial Acadèmia Catalá de Belles Arts de Sant Jordi polas súas investigacións sobre historia e análise musical.

No ámbito da investigación musical, cabe apuntar que é investigadora do I+D+I de Fontes e Análises da música hispánica, con sede na Biblioteca de Catalunya; foi profesora de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu cinco libros de Historia e análise da música, pronunciado máis de 30 conferencias en Universidades Españolas e comisariou varias exposicións en museos e auditorios internacionais.

Nos últimos anos foi bolseira polo Consello de Europa para desenvolver traballos de investigación en Malta, Austria e Alemaña.

Asimesmo, desenvolveu unha estancia na Comisión Europea no ano 2010.

Dirixiu congresos científicos sobre musicología e análises musical e desde hai anos asesorou e comisariado proxectos musicais en distintos organismos como o Auditorio Nacional de España, a Delegación da Generalitat en Madrid, Casa Sefarad-Ministerio de Asuntos Exteriores, Embaixada de España en Andorra, a Orquestra Nacional de España ou o Centro Galego de Arte Contemporánea entre outros.