YUMIKO YOSHIOKA DANZA BUTOH

Título: “Bailar e ser bailado! Nós gozamos o caos, a Nai da Creatividade”
Yumiko ensinou en incontables Workshops arredor do mundo, incluíndo Workshops-performances.
En Berlín (Alemaña), Francia, UK, Italia, Austria, Grecia, Portugal,Belarús, Rusia, Israel, Holanda, Canadá, USA, México, Perú, Brasil, Thailandia, Malaysia, India e Xapón, recibindo aclamadas críticas.
Ela axuda ao corpo a abrir portas secretas extraendo a esencia dos participantes do Workshop, sosténdoo a través da súa luz e a súa escuridade.
Na súa base de Butoh, ximnasia Noguchi e Juken (Arte Marcial China suave), ela encontra a inspiración e a fluidez da enerxía.

*MARTES 19 DE NOVEMBRO: 18.30-20.00- 4º/5º E 6º GPB- AULA  6
*XOVES 21 DE NOVEMBRO: 17.00-18.30- 4º/5º E 6º GPA- AULA  6

BEATRIZ CRUZ DANZA CONTEMPORÁNEA
Título: "O corpo baleiro"
Beatriz Cruz, codirectora de Pájaro de Nube, compañía de danza e música experimental nacida en México. Nas súas obras podemos ver a integración de elementos da danza butoh, improvisación e ritmos flamencos, a nivel musical utilízanse formas de composición tradicional e experimentación electrónica executada en vivo.

O obxectivo é achegar o alumno ao traballo da compañía nunha clase que mostre de xeito
xeral o tipo de adestramento, preparación e algunhas técnicas de creación coreográfica e
movemento libre co obxectivo de espertar a creatividade do alumno, romper con patróns
técnicos establecidos e motivalos á busca dunha voz propia.

*XOVES 21 DE NOVEMBRO:  19.00-20.30- 4º/5º E 6º GPB- AULA 6
*MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO: 19-20.30- 1º, 2º e 3ºGPB –AULA 6
*MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO: 17.00-18.30- 2º,3º,4º,5º e 6º GPA- AULA 6

ACTUACIÓN NA CASA DO SABER DE LUGO, CONCERTO OUVRIR O ESPAZO.

Martes 26 novembro ás 20:00h na Casa do Saber de Lugo.

Alumnos da especialidade danza contemporánea do Conservatorio colaborarán no ciclo Do Audible, concertos que trazan puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos organizados por Vertixe Sonora Ensemble. 

O Conservatorio Profesional de Danza participará no Festival que se celebrará o Mércores 27 de Novembro ás 20 h. no Salón Rexo do Círculo das Artes.

O Alumnado de Grao Profesional das Especialidades de D. Contemporánea e D. Clásica porán en escea un total de 13 coreografías de repertorio clásico e de nova creación.

 

 Obradoiro de Maquillaxe a cargo de da bailarina e maquilladora profesional Lilianne Frías Portas.   Dirixido a 5º e 6º de Grao Profesional de ambas especialidades.

 Data: Venres 29 de Novembro 2013 de 18 a 21 horas na Aula 8 do CDAN Lugo.

  20 de Decembro 2013 de 16.30 a 18.30 no Salón de Actos da EOI de Lugo.

 A cargo de María Jesús Pita Conde,LICENCIADA EN MEDICIÑA E CIRUXÍA.
DIPLOMADA EN NUTRICIÓN HUMANA,  DIETÉTICA E DIETÉTICA TERAPEÚTICA.
DIPLOMADA EN ACUPUNTURA.
DIPLOMADA EN HOMEOPATÍA E PRESIDENTA da ASOCIACIÓN GALEGA DE HOMEÓPATAS.

Coloquio sobre a nutrición en xeral e as desordes alimenticias en particular.
Entrada Libre até completar aforo.

 

Distribuir contido