As Galas de G. Elemental e G. Profesional desenvolveranse os días 3 e 4 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

A gala elemental xirará en torno aos contos de Grimm, na de Profesional será "O Principiño" o seu Leitmotiv.

A organización dos espectáculos estima que serán arredor de 3000 persoas as que poderán desfrutar das coreografías dos distintos grupos dos dez cursos de elemental e profesional, cuxa entrada será de balde e con invitación e que se poderán recoller nas taquillas do propio auditorio.

Gala de Elemental

A responsable da dinamización de Biblioteca -Nuria Matos Patiño-, así como a do Equipo de Dinamización da Lingua Galega -Cristina Lata Villoch- veñen de publicar os resultados finais dos concursos de Debuxo e de Relatos 2015.

No Concurso de relatos resultaron premiadas;Paula Rodríguez Buide (1ª Cat.), Laura Fernández Pardo (2ª Cat.) e Elena González Lamela (3ª Cat.), en canto ao Concurso de Debuxo resultaron premiadas: Ángela Gay Barral e Sera López Valín (O Principiño) e Claudia Pérez Portomeñe (Os Contos de Grimm).

Os departamentos organizadores queren agradecer ao alumnado participante no Concurso e felicitar ao alumnado premiado.

O Cdan organiza cursos de iniciación para aqueles alumnos e alumnas que desexen matricularse no curso 2015/16.

Esta actividade, de carácter voluntario, é tamén unha primeira toma de contacto dos aspirantes coas ensinanzas de danza. 

Da mesma maneira os aspirantes ás prazas de acceso de 1º Curso de Profesional terán a oportunidade de asistir tamén ao curso "Prepárate para as probas" que se desenvolverá entre o 9 e o 12 de xuño nas propias instalacións do Conservatorio.

As Probas de Acceso desenvolveranse do luns 15 ao marte 16 de xuño en horarios que a continuación detallamos:

O Alumnado de 6º GP da especialidade de Contemporánea da profesora Alba Felpete, realizará unha mostra da parte práctica da materia de interpretación o vindeiro Xoves 14 de Maio ás 18.00 h. no auditorio do Conservatorio Prof. de Música "Xoán Montes" con entrada libre e de balde.

Por outra banda, o venres 15 será o alumnado do obradoiro de danza galega quen interprete unhas coreografías da profesora Cristina Lata, xunto con alumnado e profesorado do CMUS que serán os encargados de poñer música. A cita terá lugar na Feira do Libro ás 18.00 h.

Procedemento extraordinario de avaliación para alumnado que perdeu o dereito a avaliación continua máis alumnado con materias pendentesPROBAS DURANTE O MES DE MAIO Ver documento en Ficheiro adxunto  

Distribuir contido