As taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía de Arousa figuran establecidas na Ordenanza Fiscal II.4 do Concello de Vilagarcía de Arousa.
O pagamento das taxas do curso académico realízase por domiciliación bancaria en tres pagos que, habitualmente, o Concello de Vilagarcía pasa ao cobro nos meses de xullo, outubro e decembro de cada ano.
Existen diferentes tipos de bonificacións aplicables ao alumnado do centro. No caso dos descontos do 25 % e 60 %, é o Conservatorio quen os aplica de oficio, xa que están destinados para os supostos de dous ou máis membros da mesma unidade familiar matriculados no centro.
Por outra banda a Ordenanza estipula a posibilidade de solicitar á bonificación do 50 % das taxas en base a criterios específicos referidos á renda das familias.
O alumnado do Grao Profesional pode solicitar, ademáis, as Bolsas de Estudo que, cada ano, convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional
Para máis información contacten co centro no enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal
Anexo | Tamaño |
---|---|
ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA.pdf | 145.73 KB |