Skip to Content

Calendario académico do curso 2024-2025

O curso académico no conservatorio profesional de música abranguerá dende o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025 ambos incluídos.

 Días non lectivos:

Xoves 31 de outubro de 2024, día do ensinoConsellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Venres 23 de maio de 2025, día non lectivo, elixido por votación dos centros de ensino oficial de Vilagarcía de Arousa.

 

Avaliacións:

 · Sesión da 1ª avaliación: venres 29 de novembro de 2024

·  Sesión da 2ª avaliación: venres 28 de febreiro de 2025

·  Sesión da 3º avaliación -  GP 6º :  luns 12 de maio de 2025

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria ordinaria: martes 3 de xuño de 2025

·  Sesión da 3º avaliación - Convocatoria extraordinaria: xoves 19 de xuño de 2025

As cualificacións poderanas consultar na plataforma CENTROSNET o día que se celebre a sesión a partir das 20:00 horas.

 

Eventos:

De xeito detallada, no menú lateral superior dereito das súas pantallas,  poderán consultar todos os EVENTOS que terán lugar  ao longo do curso académico, tales coma: exames, audicións, concertos,  etc., premendo sobre o calendario nos días marcados en negrilla. Para a súa consulta por meses, picar sobre o nome do <<mes>> a consultar do curso académico 2024-25

 

CALENDARIO 2024-2025

 

Calendario 2024-25

Concerto 20 aniversario CMUS. Abraham Cupeiro "Resoando no pasado"

AXUDA AOS DAMNIFICADOS

DANA DE VALENCIA

 

FAI A TÚA DOAZÓN

 

CÁRITAS

 

• Caixa Popular: ES19  3159  0078  5716  6338  6025


• Caixabank: ES02  2100  8734  6113  0064  8236

 

 

 

INFORMACIÓN CONCERTO 20 ANIVERSARIO CMUS VILAGARCÍA

O vindeiro venres 22 de novembro, coincidindo coa celebración de Santa Icía patroa da música, o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa celebrará o seu vixésimo aniversario.

Quén mellor que Abraham Cupeiro e o seu novo espectáculo "Resoando no pasado" para elo. Todo un luxo e un honor que queremos compartir con todas e todos. 

A comunidade escolar do CMUS xa ten as súas entradas e a partir do vindeiro luns 18 de novembro poremos a disposición do público en xeral as localidades que teñamos dispoñibles, de balde por suposto.

Se poden retirar (máximo 4 por persoa) nas oficinas do Conservatorio en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Estamos no primeiro andar do Auditorio Municipal, Avda. da Mariña nº 27 .

Agardamos nos podades acompañar!!!!

 

Curso de Iniciación á Música 2024-2025

O Conservatorio pon en marcha o Curso de Iniciación á Música 2024-2025 que impartirá a profesora Susana Blanco, Doutora en Educación.

Será os martes de 18:00 a 19:00 horas no Conservatorio cunhas taxas anuais únicas de 82,65 €, desde outubro 2024 ata maio 2025.

Baixo estas liñas, e coma documentos, adxuntos podes atopar

-Información específica do curso

- Matrícula editable

Para calquera consulta que precises, podes dirixirte á oficinas do centro no enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal ou ven no teléfono 986500916.

Estamos no primeiro andar do Auditorio Municipal, Avda. da Mariña 27.

 

 

 

 

Guía de acceso as plataformas CENTROSNET e Aula Virtual

 

Para ao acceso á plataforma CENTROSNET deberán premer no seguinte enlace:

https://www.informaticacentros.com/centrosnet/ultralogin.php?tcentro=CMU&centro=PO9

O alumnado matriculado no centro en anos anteriores mantén o mesmo usuario e contrasinal.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

Na pestana de Login alumnos deberán introducir

1. Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000

2. DNI do/a alumno/a sen letra

3. Premer en ENTRAR

4. A plataforma solicitará indiquen unha contrasinal persoal e un enderezo de correo electrónico, para proceder ao acceso definitivo á plataforma CENTROSNET, na que poden consultar os horarios, expediente, cualificacións, faltas de asistencia, etc…

 APP CentrosNet

Todo o alumnado e as súas familias poden acceder á APP da plataforma de xestión académica CENTROSNET no seu móbil ou tablet na que terán un cómodo acceso aos horarios , avisos de publicación de cualificacións, faltas, etc… Para elo é necesario que previamente teñan accedido a CENTROSNET para darse de alta na plataforma desde o seu ordenador tal e como figura anteriormente sinalado.

 Para a descarga da  APP CentrosNet deberán seguir os seguintes pasos:  

  1. Descargar a APP CentrosNet  (Play Store – Apple)
  2. Unha vez descargada seleccionar o centro C.M.U. Vilagarcia de Arousa
  3. Introducir o usuario (Data de nacemento do/a alumno/a no formato 00-00-0000)
  4. Introducir a contrasinal: a que teñen indicado para o acceso a CENTROSNET desde o seu ordenador

AULAVirtual

A AulaVirtual é un espazo virtual de docencia e de transmisión de contidos educativos que todo o profesorado terá actualizada no espazo das respectivas materias e estará dispoñible a partir do mes de setembro.

Todo o alumnado (ou as súas familias no caso de alumnos/as que non sexan quen de facelo solos) deben acceder a AulaVirtual no seguinte enderezo

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/

O  alumnado matriculado no centro en anos anteriores manten o mesmo usuario e contrasinal de acceso.

O alumnado de novo acceso debe realizar os seguintes pasos:

  •  Indicar o usuario, que é o nome de cada alumno deste xeito: nome.apelido.apelido. No caso de ter un nome composto será: nomenome.apelido.apelido
  • Remitiremos á contrasinal de acceso por correo electrónico que deben mudar tan pronto accedan.

Unha vez realizada a alta na AulaVirtual poden descargar a APP de moodle para o seu móbil do seguinte xeito:

ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile&hl=es_419 

APPLE: https://apps.apple.com/es/app/moodle/id633359593

  1. Introducir o enderezo da AulaVirtualhttps://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/aulavirtual/ 
  2. Introducir os datos que solicite a APP.

  Para calquera dúbida poden dirixirse ao correo electrónico de secretaria@cmusvilagarcia.gal  ou no teléfono do centro 986500916

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut