Skip to Content

Blogues

Pregón de semana santa 2024

O próximo domingo, 17 de marzo, ás 18.00 hs. na Capilla das Reliquias da catedral, terá lugar a lectura del pregón de Semana Santa a cargo de Xosé María Lores Pérez, profesor xubilado do IES San Paio. O broche final do acto consistirá nun concerto a cargo de alumnos e profesores do  Conservatorio Profesional de Música de Tui.

CONCERTO DO DÍA DA MULLER 2024

Este venres 8 de marzo a partir das 19:30 hs. terá lugar na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, o Concerto do día da muller 2024 do noso centro no que alumnas, alumnos e profesores interpretarán unha selección de obras de compositoras de moita calidade e de variadas formacións.

Ademais, a xente que se achegue ao centro durante hoxe mércores, o xoves ou o propio día do concerto poderá botar unha interesante ollada a infografías realizadas por alumnas e alumnos do Grao Profesional sobre compositoras de renome e o seu legado.

Esperámosvos a tod@s!

DÉCIMO SEGUNDO ANIVERSARIO DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe, sábado 10 de febreiro ás 21 hs. un concerto co que Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario.

En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes a alumnos de Grao Profesional do noso centro xunto coa Academia  de  Música  da  Fortaleza  de  Valença, á Asociación Musical  de  San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

En concreto o repertorio a interpretar serán "Balada Galega" de Juan Montes;  "Reflexos Paisagísticos" e "Balada de Outono" de Bernardo Lima; "Alborada Galega"  de Pascual Veiga; "Grândola, vila morena"  de Zeca Afonso; "Unha Casa Portuguesa" con arranxos de Amilcar Morais; "Catro temas galegos"  de Manuel Mª Veiga;  "Cançoes de tradiçao"  de Luís Cardoso; "Que viva Tui" de José A. Veiga Paradis e "Havemos de ir a Viana" con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical de músicos dende as dúas beiras do Miño.

As entradas para este concerto poderanse retirar de balde dende ás 20 hs. no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.

Vinde a disfrutar con nós de boa música nesta data tan especial para a Eurocidade Tui-Valença!

Concerto Santa Icía 2023

O próximo mércores 22 de novembro ás 20 hs. na sala de audicións do centro con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o concerto no que festexamos a Santa Icía, patroa da música e dos músicos. Para festexar esta data tan importante contaremos con actuacións individuais e grupais de alumnos de todos os nivéis nos que disfrutaremos de música nunha data tan importante para nós.

Se queredes escoitar boa música ESTADES TODOS CONVIDADOS a festexar con nós este momento tan especial!!

 

Fai Clik nas imaxes para descargar o programa de concerto ou o cartel!

Novo vídeo da canle de youtube da materia de harmonía do Conservatorio Profesional de Música de Tui

Nuevo vídeo en el canal de Youtube de la materia de Armonía, dedicado a aspectos iniciales de los acordes en primera inversión. Para más contenido, visita también el blog de la materia:

https://auladearmonia.blogspot.com/

CONCERTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 23/24

O próximo venres 6 de outubro a partir das 18:00 hs. no Paseo da Corredoira (zona palco da música) terá lugar o concerto de inauguración do curso 2023-2024 a cargo dos alumnos e profesores do Conservatorio Elemental/Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui. 

Que mellor xeito de comezar o curso cun concerto na rúa para compartir cos nosos veciños e visitantes todo o traballo que se realiza no noso centro!

Animamos a toda a Comunidade Educativa do centro, veciños de Tui e toda a xente que queira disfrutar de boa música a acercarse a ver este concerto tan especial cargado de sorpresas.

Obras de piano, conxunto de piano a 6 mans, saxo, conxunto de clarinetes, conxunto de gaitas e un ensemble moi especial formado por profesores e alumnos farán a delicia de todos os asistentes.

ACHÉGATE Á MÚSICA, ACHÉGATE A TUI!

Distribuir contido


by Dr. Radut