Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles:
- Concentración.
- Memoria.
- Creatividade.
- Psicomotricidade.
- Traballo en equipo.
- Valores de cooperación.
- Esforzo.
- Preserveranza.
- Superación persoal.
- Fomento da autoestima e autoconfianza.
Tamén cabe recordar que desenvolven as 7 competencias claves incluidas no actual currículo educativo:
1º. Comunicación lingüística (CCL).
2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
3º. Competencia dixital (CD).
4º. Aprender a aprender (CAA).
5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
6º. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE).
7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).
O cursillo para a iniciación á música (Música e movemento) que organiza a Escola de Música Municipal de Tui, que é totalmente gratuíto, realizarase nas seguintes datas: martes 27, mércores 28 e xoves 29 de xuño, en horario de mañá (de 10:30 a 11:30 hs.). As nenas e nenos de entre 5 e 6 anos poderán participar nunha actividade de Música e Movemento aprendendo música a través do xogo, baile e canto.
A inscrición para estas actividades poderá realizarse ata o luns 26 de xuño (inclusive):
- A TRAVÉS DO SEGUINTE FORMULARIO WEB (CLICK PARA ACCEDER)
- Imprimindo a solicitude correspondente do anexo inferior, sacándolle unha foto e enviandoa por whatsapp ao 687249957 ou por email ao: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
- De xeito telefónico chamando ao 687249957 en horario de oficina:
de luns a venres de 9:00 a 13:30 hs.