Neste espazo colgarei as gravacións das pezas que vaia preparando o alumnado para que se poidan ver e escoitar entre todos. Serán pequenas audicións diferidas, para que cada un as escoite cando e cantas veces queira, e tamén poida ver o avance dos seus compañeiros a modo de motivación e coñecemento de repertorio.