Musicality of Movement é unha materia que se imparte no Conservatorio Superior de Música de Ámsterdan pola bailarina e violinista húngara Virag Dezsö. 

Esta profesora, tras observar as necesidades relacionadas coa consciencia corporal e as cualidades escénicas dos músicos en xeral, desenvolveu esta técnica específica para músicos tomando como base da mesma o Mimo corporal dramático do actor francés Étienne Decroux. 

As sesións teñen unha duración de dúas horas. 

Na primeira delas, realízanse exercicios de tonificación muscular e respiración asociados ao movemento (moi útiles non só para desenvolver a consciencia corporal, senón para fortalecer tamén a musculatura necesaria para tocar un instrumento ou dirixir unha agrupación).  

E na segunda hora, realízanse improvisacións escénicas con e sen instrumentos musicais, a partir das cales se pretende mellorar a relación dos músicos co escenario e desenvolver tamén neles as cualidades escénicas necesarias para unha mellor interpretación musical en público e unha mellor comunicación coa audiencia.