Desenvolvemento das dimensións básicas da interpretación con acompañamento pianístico, afondando en repertorios específicos da propia especialidade instrumental. Comprensión da variedade de enfoques estilísticos e requirimentos asociados á interpretación que confiren a esta disciplina un carácter flexible e adaptable aos distintos instrumentos, a voz e aos estilos e tradicións interpretativas. Preparación adecuada para a interpretación en público.