Proxecto de innovación tecnolóxica
“Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución”
Este proxecto de innovación resultou premiado na Resolución do 20 de xuño de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de marzo de 2014).
Participantes: CIFP Someso (A Coruña). CFEA de Guísamo (Bergondo. A Coruña). Asociación Tríada (A Coruña). Empresa Canlade SL. (Sada. A Coruña).
Entre os obxectivos específicos deste proxecto, destacar: instalación solar fotovoltaica, sistemas de protección solar, iluminación eficiente, estudo e xestión do clima interior, investigación sobre especies e sustratos en cubertas verdes, instalación expositiva e audiovisual sobre o proxecto e a bioconstrución en xeral.
Obxectivos destinados a potenciar a funcionalidade didáctica do módulo bioclimático experimental “A Vieira”, a investigación na procura de solucións técnicas aplicando os criterios de respecto pola saúde e o medio ambiente que caracterizan á bioconstrución, conxuntando equipos de profesorado, alumnado e especialistas de disciplinas diferentes para unha aprendizaxe colectiva e que este recurso continúe a ser un referente de boas prácticas no sector da arquitectura e a construción.
Entre as actividades organizadas no ámbito deste proxecto destacamos as Xornadas técnicas sobre cubertas verdes orientadas ós sectores de xardinería, paisaxismo, edificación e obra civil.
No programa das xornadas atópanse visitas técnicas a diferentes propostas sobre hortos urbanos, veciñais e universitarios, cubertas verdes, recuperación de pequenos espazos naturais sometidos a elevada presión urbana, compostaxe e fitodepuración de augas residuais.
Agradecementos: Concellaría de Medio Ambiente e dirección do Centro Ágora do Concello de A Coruña. Lourdes López da Asociación das Hortas do Val de Feans. Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e todo o equipo de colaboradores. Empresas: Malvecín SL, Érbedo.
Máis información:
Información ampliada do proxecto de innovación
Xornadas sobre Cubertas Verdes
Web CFEA Guísamo: www.cfeaguisamo.org
XORNADA DE PORTAS ABERTAS Martes 24 marzo 2015
Pódese solicitar unha visita guiada ó módulo bioclimático e os proxectos asociados por correo electrónico a: cifp.someso@edu.xunta.es
Si detecta algún erro ou desexa realizar unha suxestión, rógase remitila por correo electrónico a: juanbello@edu.xunta.es
Moitas grazas.
Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso: