Skip to Content

Logos

                                                                                                   

                                             

                                    
           

                                                            

 
 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
martes Novembro 28, 2023
Start: 28/11/2023 15:00
End: 28/11/2023 19:00

Asistiremos o día 28 ao II CONGRESO INTERNACIONAL DE INCENDIOS FORESTALES.

Dita visita faise co fin de ver un simulacro de extinción no que haberá un ataque combinado de: 

  • Medios aéreos.
  • Medios terrestres

Para a defensa dunha vivenda illada e maniobras de autoprotección.

Horario saída: 15:00 h. Solicítase a maior puntualidade posible aos participantes

Horario chegada: aproximadamente as 19:00 h.

Punto de encontro: CIFP SANTIAGO, dende aquí sairá un bus para realizar a visita e voltará de regreso no horario citado.

Lugar de realización do congreso: Recinto Ferial de Silleda

Destinatarios: Alumnado do módulo DEFENSA CONTRA INCENCIOS

xoves Novembro 30, 2023

 "COGOMELOS COMESTIBLES E VELENOSOS"

Esta charla tratará sobre:
Descrición das especies máis importantes de cogomelos comestibles e velenosos presentes en Galicia:

    • MORFOLOXÍA.
    • ECOLOXÍA
    • COMESTIBILIDADE.
    • CONFUSIÓNS
    • ETC.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión Aproveitamentos Forestais

Relator: Antonio Rigueiro Rodríguez

Data: Xoves 30 Novembro de 16:30 a 18:00

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

 

martes Decembro 05, 2023
Start: 05/12/2023 15:00
End: 05/12/2023 19:00

VISITA A VIVEIROS BOIBEL

Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xóvenes do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:

  1. Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
  2. Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
  3. Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.

Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.

Boibel - Castaño híbridoBoibel - El viveroBoibel - Abies nordmanniana

Destinatarios: alumnado do módulo de XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

Data: martes 5 de Decembro as 15:00 rógase puntualidade.

Lugar de saída: CIFP SANTIAGO.

Destino: Viveiros Boibel, Frades, A Coruña.

Hora de regreso aproximada: 19:00 h.

xoves Decembro 14, 2023
Start: 14/12/2023 16:30

"A historia escrita nos aneis das árbores"

 

Os aneis de crecemento das árbores varían segundo as condicións ambientais do sitio no que se formaron, sendo máis estreitos nos anos máis desfavorables para o crecemento, e anchos cando as condicións son boas. Deste xeito, árbores que crecen en áreas próximas son parecidos entre si, e van sendo máis diferentes a medida que as áreas están máis lonxe. Isto fai que sexa posible obter series de aneis, denominadas series dendrocronolóxicas, que poden ser encaixadas unhas con outras, e así construír secuencias cada vez máis longas.

 A árbore é como unha caixa negra que vai rexistrando os acontecementos ao longo da súa vida. Nesta charla mostraranse as principais utilidades, que abranguen desde comprender o crecemento das árbores, as respostas ao clima e a dinámica forestal, incendios forestais ou pragas de insectos. Tamén se falará das moitas aplicacións en investigación histórica, mediante a datación de obxectos de madeira, edificios antigos e xacementos, e finalmente, a importancia xeolóxica para reconstruír procesos coma os terremotos ou as erupcións volcánicas.

Vista previa de imagen

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Ponente: Ignacio García González. Programa Ponte USC

Data: 14 de Decembro as 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

Distribuir contido


by Dr. Radut