Skip to Content
         Instagram Facebook 

MOTOR DIDÁCTICO

CONSECUENCIAS DERIVADAS DUNHA CADEA DE DISTRIBUCIÓN ESTIRADA

 

VÍDEO elaborado por alumnado do CIFP Valentín Paz Andrade, coordinados polo profesor Ivan Riobó Carballo, para participar nun concurso organizado pola fundación COMFORP (organización que incentiva os estudos de formación profesional e a súa relación co sector empresarial).

Este recurso dixital didáctico sobre a maqueta do motor funcional fabricado no CIFP como proxecto de innovación educativa, describe as consecuencias do estiramento da cadea de distribución de motor. Está presentado por Noelia Vilas González, Brais Ucha Fernández e Kenuy de Freitas Souza. 

O resto da comunidade educativa do centro, agradece a todos os alumnos e alumnas que participaron na preparación da maqueta na que se basea este recurso educativo dixital (de FP básica, de ciclo medio e de ciclo superior de Transportes e mantemento de vehículos).

Finalmente este recurso dixital didáctico foi seleccionado como PRIMEIRO FINALISTA. Polo tanto o equipo de alumnos/as e o profesor irán a Motortec (Madrid) para a fase presencial do concurso.

 

Máis vídeos e fotografías sobre o MOTOR SECCIONADO E FUNCIONAL CON FINS DIDÁCTICOS

 



nova | by Dr. Radut