You are hereProgramas europeos
Programas europeos
Convocatoria do programa de mobilidade 2015-2016
- Convocatoria programa mobilidade ERASMUS 2015-16
- Bases de selección de candidatos
- Criterios de selección de candidatos
- Modelo solicitude mobilidade alumnado ciclo superior
- Modelo solicitude mobilidade alumnado ciclo medio
Proba de italiano: O venres 20 de novembro de 11:30 a 13:10 horas.
Proba de inglés: O mércores 25 de novembro de 11:30 a 13:10 horas.
Anímate a participar nos programas de mobilidade!
Es alumno/a de Ciclo de Grao Superior? Gustaríache participar nunha mobilidade Erasmus+ para facer as prácticas FCT a partir de abril de 2016 nun país da Unión Europea?
Es alumno/a do Ciclo Medio? Estás interesado en facer unha mobilidade a un país da Unión Europea ao rematar os teus estudos neste centro educativo?
Nese caso, inscríbete no proceso de selección! O prazo estará aberto do venres 13 de novembro ao mércores 18 de novembro, ambos incluídos.
No apartado "Programas europeos" desta web atoparás o formulario de solicitude, información sobre a convocatoria e a data dunha charla informativa. Envía a solicitude a erasmuscifpmontecelo@gmail.com ou entrégaa persoalmente a Coordinadora de programas Europeos.
Anímate e participa!
Erasmus 2015
En novembro abrirase o prazo para solicitar o programa ERASMUS+.
Durante o curso 2014-15, tres alumnos do ciclo superior de produción en industrias de artes gráficas realizaron prácticas en países europeos, concretamente en Portugal e Reino Unido.
Neste curso, o noso centro segue a fomentar a participación dos seus estudantes nos programas Erasmus a través da colaboración no proxecto PracticumDepor promovido pola Deputación de Pontevedra: dous estudantes recén titulados, do ciclo medio de preimpresión dixital e do ciclo medio de farmacia e parafarmacia, viaxarán a partir do 15 de outubro a Italia para realizar prácticas profesionais durante 6 meses.
Animarvos a participar, é unha gran experiencia!
Convocatoria programa mobilidade ERASMUS 2014-15
- Convocatoria programa mobilidade ERASMUS 2014-15
- Criterios de selección de candidatos
- Modelo solicitude mobilidade alumnado
- Modelo solicitude mobilidade persoal
Proba de idioma: O venres 21 de novembro ás 12.30 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5