Módulo profesional: Primeiros auxilios. Código: MP0020. Duración: 53 horas (2 sesións semanais).
Contidos básicos: Valoración inicial da asistencia en urxencia. Aplicación de técnicas de soporte vital. Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización. Aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de autocontrol.
Módulo profesional: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas. Código: MP0061. Duración: 107 horas (3 sesións semanais).
Contidos básicos: Recoñecemento da organización xeral do organismo humano. Identificación e localización das estruturas anatómicas do corpo humano. Identificación dos aspectos xerais da patoloxía. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas do sistema nervioso, dos órganos dos sentidos e do aparello locomotor. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos cardiocirculatorio e respiratorio, así como do sangue. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos dixestivo e renal. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos sistemas endócrino e inmunolóxico, así como do aparello reprodutor.
Módulo profesional: Disposición e venda de produtos. Código: MP0099. Duración: 78 horas (3 sesións semanais).
Contidos básicos: Atención á poboación usuaria. Actividades de venda. Organización dos produtos farmacéuticos e de parafarmacia. Atención de reclamacións.
Módulo profesional: Oficina de farmacia. Código: MP0100. Duración: 157 horas (6 sesións semanais).
Contidos básicos: Xestión de documentación farmacéutica. Control do almacén de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos. Control de pedidos. Trámite de facturación de receitas. Aplicación das TIC na xestión de almacén.
Módulo profesional: Dispensación de productos farmacéuticos. Código: MP0101. Duración: 213 horas (7 sesións semanais).
Contidos básicos: Interpretación da demanda ou prescrición de produtos farmacéuticos. Dispensación de medicamentos. Dispensación de produtos farmacéuticos de uso hospitalario. Dispensación de produtos homeopáticos. Dispensación de produtos fitoterapéuticos. Dispensación de medicamentos de uso animal.
Módulo profesional: Dispensación de produtos parafarmacéuticos. Código: MP0102. Duración: 210 horas (10 sesións semanais).
Contidos básicos: Interpretación de demandas e prescricións de produtos parafarmacéuticos. Selección de produtos sanitarios e biocidas. Selección dos produtos dermofarmacéuticos. Selección de produtos para a hixiene bucodental. Selección de preparados dietéticos. Dispensación de produtos de ortopedia, prótese, audioprótese e óptica oftálmica.
Módulo profesional: Operacións básicas de laboratorio. Código: MP0103. Duración: 239 horas (8 sesións semanais).
Contidos básicos: Preparación e mantemento de materiais de laboratorio. Preparación de disolucións. Separación de substancias. Identificación e caracterización de substancias. Toma de mostras. Realización de controis analíticos sinxelos.
Módulo profesional: Formulación maxistral. Código: MP0104. Duración: 187 horas (6 sesións semanais).
Contidos básicos: Posta a punto de equipamentos de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns. Control de materias primas. Control de material de acondicionamento. Elaboración de produtos farmacéuticos e afíns. Envasamento de produtos farmacéuticos e afíns.
Módulo profesional: Promoción da saúde. Código: MP0105. Duración: 157 horas (7 sesións semanais).
Contidos básicos: Promoción da saúde. Desenvolvemento de programas de educación para a saúde. Interpretación de controis analíticos sinxelos. Apoio psicolóxico á persoa usuaria.
Módulo profesional: Formación en centros de traballo. Código: MP0108. Duración: 410 horas.
Este módulo profesional contribúe a completar as competencias deste título e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaron no centro educativo como os de difícil consecución nel.