Que se aprende a facer? Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

Módulo profesional:  Mantemento mecánico preventivo do vehículo. Código: ZMP0052. Duración: ... horas (.. sesións semanais).

Contidos básicos: 

Módulo profesional: Loxística sanitaria en emerxencias. Código: MP0053. Duración: 160 horas (5 sesións semanais).

Contidos básicos: Despregamentos organizativos sanitarios en situacións de emerxencia. Estimación do material de primeira intervención. Control de subministracións e residuos na zona de catástrofe. Mantemento das comunicacións. Coordinación da evacuación de vítimas.

Módulo profesional: Dotación sanitaria. Código: MP0054. Duración: 107 horas (3 sesións semanais).

Contidos básicos: Mantemento básico da atención sanitaria. Control de existencias da dotación material sanitaria do vehículo. Mantemento das condicións sanitarias do material, do equipamento e do habitáculo do vehículo asistencial. Formalización da documentación sanitaria e administrativa. Garantía de calidade.

Módulo profesional: Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia. Código: MP0055. Duración: 266 horas (8 sesións semanais).

Contidos básicos: Recoñecemento dos signos de compromiso vital. Aplicación de técnicas de soporte vital básico. Clasificación das vítimas. Clasificación das accións terapéuticas na atención a múltiples vítimas.

Módulo profesional: Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia Código: MP0056 Duración: 227 horas

Contidos Básicos: Aplicación de técnicas de SVA, Administración de medicamentos de urxencia, Atención sanitaria por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos, atención sanitaria ante patoloxía orgánica de urxencia, actuación no parto inminente.

Módulo profesional: Evacuación e traslado de pacientes. Código: ZMP0057. Duración: ... horas (... sesións semanais).

Contidos básicos: ....... 

Módulo profesional: Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia. Código: MP0058. Duración: 53 horas (2 sesións semanais).

Contidos básicos: Recoñecemento das disfuncións do comportamento. Apoio psicolóxico a persoas afectadas. Apoio psicolóxico aos equipos de intervención. Comunicación psicosocial.

Módulo profesional: Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles. Código: ZMP0059. Duración: 105 horas ( 3 sesións semanais).

Contidos básicos: Achega de datos para a elaboración dun plan de emerxencia ,elaboración de mapas de riscos,activación dun suposto plan de emerxencias,deseño dun dispositivo de riscos previsibles,execución dun dispositivo de riscos previsibles 

Módulo profesional: Teleemerxencias. Código: MP0060. Duración: 80 horas (3 sesións semanais).

Contidos básicos: Utilización de sistemas xestores de despacho de centros coordinadores de emerxencias. Establecemento de comunicación nun sistema de transmisión integrado. Recepción de demandas de emerxencia. Valoración da demanda de asistencia sanitaria. 

Módulo profesional: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas. Código: MP0061. Duración: 107 horas (3 sesións semanais).

Contidos básicos: Recoñecemento da organización xeral do organismo humano. Identificación e localización das estruturas anatómicas do corpo humano. Identificación dos aspectos xerais da patoloxía. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas do sistema nervioso, dos órganos dos sentidos e do aparello locomotor. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos cardiocirculatorio e respiratorio, e do sangue. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos dixestivo e renal. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos sistemas endócrino e inmunolóxico, e do aparello reprodutor.