Que se aprende a facer? Deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

Módulo profesional: Inglés profesional (GS). Código: MP0179. Duración: 60 horas.

Contidos básicos: O módulo de Inglés profesional terá como finalidade o desenvolvemento de competencias que capaciten para a comunicación e o desenvolvemento profesional en contextos progresivamente plurinacionais e de mobilidade.

Módulo profesional: Materiais de produción gráfica. Código: MP1417. Duración: 133 horas.

Contidos básicos: Caracterización dos soportes de impresión. Establecemento das características das formas impresoras, tintas, vernices e colas. Determinación dos tratamentos superficiais dos materiais. Valoración do cumprimento dos criterios de calidade dos materiais. Identificación dos materiais e provedores. Xestión do aprovisionamento dos materiais. Planificación das condicións de almacenamento dos materiais de produción.

Módulo profesional: Materiais de produción gráfica. Código: MP1417. Duración: 133 horas.

Contidos básicos: Caracterización dos soportes de impresión. Establecemento das características das formas impresoras, tintas, vernices e colas. Determinación dos tratamentos superficiais dos materiais. Valoración do cumprimento dos criterios de calidade dos materiais. Identificación dos materiais e provedores. Xestión do aprovisionamento dos materiais. Planificación das condicións de almacenamento dos materiais de produción.

Módulo profesional: Organización dos procesos de preimpresión dixital. Código: MP1478. Duración: 373 horas.

Contidos básicos: Recoñecemento das fases do proceso de preimpresión. Organización do proceso de tratamento de imaxes. Organización do proceso de tratamento de textos e compaxinación. Elaboración da folla de ruta. Organización de grupos de traballo en preimpresión. Elaboración dun plan de mantemento e limpeza. Aplicación de procedementos de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. Recoñecemento das fases do proceso de preimpresión. Organización do proceso de imposición e obtención da forma impresora. Organización do proceso de tratamento de imaxes. Organización do proceso de imposición e obtención da forma impresora. Organización de grupos de traballo en preimpresión. Elaboración dun plan de mantemento e limpeza.

Módulo profesional: Deseño de produtos gráficos. Código: MP1479. Duración: 267 horas.

Contidos básicos: Documentación do proxecto gráfico. Organización do proxecto gráfico. Planificación da fase de deseño. Elaboración de bosquexos dixitais. Creación de maquetas e artes finais dixitais. Desenvolvemento dun proxecto gráfico.

Módulo profesional: Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela. Código: MP1480. Duración: 80 horas.

Contidos básicos: Aplicación de técnicas de comunicación na empresa gráfica. Elaboración do plan de márketing de produtos e servizos gráficos. Organización do servizo de atención á clientela da empresa gráfica. Xestión do servizo gráfico e de vendas de produtos gráficos. Xestión de queixas e reclamacións na empresa gráfica. Desenvolvemento do servizo posvenda na empresa gráfica.

Módulo profesional: Xestión da produción na industria gráfica. Código: MP1538. Duración: 140 horas.

Contidos básicos: Valoración da viabilidade técnica do produto gráfico. Establecemento do fluxo de traballo do produto gráfico. Determinación dos servizos gráficos externos que se vaian subcontratar. Elaboración do orzamento do produto gráfico. Planificación do proceso de produción gráfica. Supervisión das fases do proceso produtivo. Avaliación e proposición de alternativas de mellora. Desenvolvemento do plan de calidade no proceso de produción gráfico.


 

Módulo profesional: Xestión da cor. Código: MP1539. Duración: 70 horas.

Contidos básicos: Relación do fluxo de traballo gráfico coa xestión da cor necesaria. Organización da calibración e mantemento dos equipamentos de reprodución da cor. Planificación dos espazos e dos perfís de cor normalizados. Realización da creación dos perfís de cor. Desenvolvemento do plan de traballo da xestión de cor. Determinación das necesidades de adquisición e actualización de equipamentos relacionados coa cor.

Módulo profesional: Organización dos procesos de impresión gráfica. Código: MP1540. Duración: 227 horas.

Contidos básicos: Xestión de recursos humanos, equipamentos e materiais. Xestión dos procesos de impresión. Control dos procesos de impresión.Organización de grupos de traballo en impresión. Desenvolvemento dos procedementos do plan de calidade. Plans de revisión, mantemento e calibración de equipamentos e ferramentas. Aplicación de procedementos de prevención de riscos e protección ambiental.