Ámbito: Ciencias aplicadas I Código: AM3009 Duración: 175 horas (5 sesións semanais).
Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida. Sentido espacial. Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. A enerxía. O corpo humano e a saúde. Sentido socioafectivo.
Ámbito: Comunicación e sociedade I Código: MP3011 Duración: 206horas.
Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa. Participación en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna.
Ámbito: Comunicación e sociedade II Código: MP3012 Duración: 135 horas.
Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa. Interacción en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades contemporáneas. Valoración das sociedades democráticas.
CBIMP01: Peiteado e estética
Nesta aula virtual encontrarás información e recursos para o seguemento do módulo.
CBIMP01: Peiteado e estética