Opcións de matriculación

PFFP

TÍTULO: As plantas silvestres clave na biodiversidade

1.Competencia profesional: investigador/a e innovador/a

Subcompetencia: Realización e execución de propostas

2. Educador/a guía no proceso de ensinanza aprendizaxe

Subcompetencia: xestión de espazos, recursos e materiais de aprendizaxe

XUSTIFICACIÓN:

O proxecto que pretendemos desenvolver desde o CIFP A Granxa obedece á necesidade de traballar xuntos, docentes de diferentes ámbitos, para crear contidos e actividades que melloren a metodoloxía da clase presencial, escollendo as técnicas que mellor se adapten, e actividades prácticas que faciliten o acompañamento no proceso ensinanza aprendizaxe do alumnado e que abrangan un abano de posibilidades no eido empresarial.

Os contidos a tratar serán diferentes, pero todos eles orientados a idea principal de involucrarse na conservación da biodiversidade, na difusión dos seus valores e na utilización de recursos de xeito sostible.

Tamén é de destacar que o centro dispón de finca de prácticas e instalacións que favorecen o desenvolvemento do proxecto.

OBXECTIVOS:

1.Descubrir e rexistrar os usos das plantas silvestres para a mellora da saúde e calidade de vida.

2. Identificar as plantas seleccionadas para elaborar un herbario dixital con fin de establecer interrelacións home_planta_medio ambiente.

3. Deseñar actividades para potenciar a biodiversidade mediante bandas florais, xardíns de aromáticas e setos vivos.


Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.