Quero incorporarme ao mundo laboral
Esquema de temas
-
Recomendamos o modelo de europass, pero pode que che guste máis ser orixinal...
-
Diferentes recursos para poder coñecerte un pouco mellor, grazas a explorar os teus puntos fortes e áreas a mellorar. Podes seleccionar aqueles que mellor che conveñen para engadir ao teu CV ou utilizar nunha entrevista de traballo.
-
Unha forma de acceder ás empresas e gañar experiencia é realizar un período de prácticas remunerado a través dunha fundación. Non é un contrato laboral pero pode servir de ponte para obter despois unha continuidade laboral. En Galicia existen dúas fundacións que promoven este tipo de prácticas para titulados en Formación Profesional de grao medio e superior: FEUGA (Fundación empresa-universidade galega) e FUAC (Fundación Universidade da Coruña).
-
No CIFP contamos cunha bolsa de emprego para poder facilitar ao alumnado que así o desexe contacto con empresas que teñen unha vacante de traballo.Toda alumna ou alumno que finalizase os seus estudos de formación profesional no CIFP pode solicitar ser incluído nesta bolsa de emprego. Para iso facilitaremosvos ao finalizar 2º curso unha folla que teredes que cubrir cos vosos datos persoais e académicos. No momento no que unha empresa solicite un traballador ou traballadora co teu perfil de estudos enviarásevos unha mensaxe ou un email cos datos necesarios para que poidades contactar directamente coa empresa. Durante o curso son varias as empresas que contactan buscando algún perfil concreto, polo que vos animo a que vos inscribades na bolsa de emprego!
-
No CIFP A Granxa contamos cun viveiro de empresas. É un espazo onde desenvolver e poñer en marcha un proxecto empresarial. O viveiro está dotado de recursos materiais e humanos para guiarte na posta en marcha da túa propia empresa. Pode facer uso deste viveiro todo o alumnado que estea matriculado en formación profesional ou terminase no últimos catro anos, cun plan empresarial en mente!
Aproveita este gran recurso!
-
-
Guía orientativa de profesións en relación cos estudos que se poden cursar para traballar nese campo. Como se comenta é orientativa pois a diversidade do mundo laboral e das empresas e moi amplia.
-