Benvid@s ao Curso 2021-2022!!!!!!!!!
Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ferrolterra vós damos a benvida dende este espazo na web que ten como obxectivo comunicarvos todas aquelas actividades que teñan coma finalidade impulsar e promocionar o espirito emprendedor entre o alumnado do noso centro educativo.
Neste espazo iremos informando de todos o relacionado co Emprendemento e que poida ser do voso interese: Actividades de emprendemento desenvolvidas para o alumnado, ligazóns de interese, proxectos do centro, Premios e concursos, café con emprendedores,..
No viveiro de empresas, situado no primeiro andar do CIFP Ferrolterra, queremos crear un espazo para difundir, impulsar e promocionar a iniciativa emprendedora , onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumn@s que detecten unha oportunidade de negocio e desexen desenvolvela e plasmala nun plano de empresa. Axudámoste no asesoramento e titorización do teu proxecto de empresa.
A Coordinación de emprendemento está ao voso dispor no seguinte horario:
Luns: 11:45- 12:45 hs.
Martes: 13:00-15:00 hs.
Miércoles: 10:45- 11:45 hs.
Xoves: 14:00- 15:00 hs.
Viernes: 10:45- 11:45 hs.
No CIFP Ferrolterra contamos cun Viveiro de empresas: un espazo que conta con despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén terás asesoramento, titorización e acompañamento para a teu aventura empresarial por parte d@s Titores de viveiro.
Poden acceder os alumn@s que teñan un proxecto empresarial que vaian desenvolver en Galicia, que estean matriculados no derradeiro curso nun ciclo formativo de formación profesional, os que remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.
O procedemento de acceso consiste en:
- Entrevista incial co titor do viveiro para analizar a idea de negocio.
- Axuda no proceso de elaboración do plano de empresa
- Se o proxecto é considerado coma viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da túa empresa.
- Poderas instalarte nas instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.
Se tes unha idea emprendedora pasa polo Viveiro de empresas do CIFP Ferrolterra, ofrecémosche asesoramento, instalacións, acompañamento....para o teu proxecto!!!!