Novas

 

Curso de Traballos en Altura!!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Traballos en Altura. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico en grupos reducidos de 5 persoas. 

Aínda non hai datas exactas pero trataremos que sexa neste trimestre.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 15 de Febreiro de 2023. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 35€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría cando xa teñamos as datas. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago e recibiredes un email avisandovos.

O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura: https://forms.gle/oBPwjmPVxz61Pu1H7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

NOTA: Esperamos ter os diplomas do curso de carretilleiro dispoñibles para retirar en conserxería esta semana.

Novos cursos AFD!!!

Xa te podes apuntar nos cursos AFD que se van impartir no CIFP Ferrolterra:

Mantemento e montaxe mecánica de equipo industrial. Especialidade: IMAQ0108. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 8:30- 14:30 (agás o PRL)

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004846-01ou ben nas oficiñas do inem.
 
Montaxe e instalación de construcións de madeira. Especialidade: MAMB0210. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 16:00 a 22:00h.
 
Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004874-01
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG. Especialidade: FMEC0110. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial.

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004842-01

Se tes algunha dúbida envianos un email ao cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

 
As probas de selección de candidatos destes 3 cursos serán o 23/2 e comezarán o 27/2.
 
Haberá tamén 3 cursos AFDs de:
ELEM0210 – Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de sistemas de automatización industrial,
TMVG0109 - Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos
ENAE0111 - Operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables
Mais información no cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

Probas de acceso a ciclos 2023

Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Orde do 5 de decembro de 2022

Máis información:

 

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro

Xa se pode formalizar o curso de carretilleiro ate mañá venres ás 12:00 am.

As sesións prácticas serán de dúas horas a escoller durante os días 3, 4, 5 e 6 de decembro.

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. 

Aínda non hai datas exactas pero será antes de Nadal.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 25 de Novembro de 2022. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 30€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 28 ao 30 de novembro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/P5jW8GPKUUjM3VSz7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

Acreditación lingüística do alumnado en Lingua Estranxeira

O centro CIFP Ferroltera vai solicitar a participación neste programa cuxo obxectivo principal é a acreditación das competencias en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL).

O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro antes do 15 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link: Compromiso de participación

O texto completo da convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf

Baremo procedemento de Selección CS Mecatrónica Industrial (Navantia)

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR NAVANTIA. CURSO 2022 - 2023

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

CGS afíns a Mecatrónica Industrial. Exemplo: Fabricación Mecánica, Electricidade e Electrónica, Automoción, Deseño de Fabricación Mecánica, etc.

20

Bacharelato

10

CGM afín a Mecatrónica Industrial

·     

Idioma.

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel

·       

Curso Prevención Riscos Laboráis Básico (o superior)

10

50 horas

·       

Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Naval ou en actividades afines á Mecatrónica Industrial.

·       

Curriculum EUROPAS

5

Puntos máximo

·       

Test psicoprofesional. A proba realizarase de manera previa á baremación.

o  

A proba consistirá en:

20 preguntas de Debuxo Técnico

20 preguntas de Matemáticas

É requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 15 puntos nesta proba.

40

Puntos máximo

 

#FPGalicia; #CIFPFerrolterra; #FPDualGalicia