Cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

Dispoñibles prazas nos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

 

ELES0108 - Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios. Quedan dúas prazas. Presentarse no centro ate o 15/3/2021

 

 

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
 

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Orde do 21 de xaneiro de 2021 (DOG)

Resolución de las ayudas económicas para el alumnado que realiza formación práctica en centros de trabajo o FP dual

Se adjunta la Orden de 31 de diciembre de 2020 por la que se hace pública la resolución de las ayudas económicas para el alumnado que realiza formación práctica en centros de trabajo o formación profesional dual, convocadas por la Orden de 2 de junio de 2020.

videoconferencia sobre xestión de emprego

O día 8 de febreiro ás 17:00 celebrarase unha videoconferencia sobre xestión de emprego dirixida ao alumnado de 2º de ciclos e modular. 

A relatora  da xornada, Graze Salazar, conta con anos de experiencia en recursos humanos e  na actualidade é  mentora e formadora na búsqueda de emprego.

Abordará cuestións como a marca persoal, o uso de redes sociais na búsqueda de emprego, e a elaboración do CV.

Agradezemos a colaboración e participación do alumnado e profesorado nesta actividade.

Xornada Eduemprende Actúa 20/21: "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro"

Eduemprende Actúa 20/21: "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro"


 

O día 2 de febreiro, de 12:00 a 13:30 hs. terá lugar a través de videoconferencia, para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos, a xornada que levamos a cabo todos anos, do Programa Eduemprende Actúa. 

Terá lugar unha mesa redonda, dinamizada por Verónica Rodríguez Ruzo, técnica do IGAPE e  coa participación de catro emprendedores da zona de Ferrolterra, todos eles asociados a AJE Ferrol:

- Patricia Filgueira, da empresa Espacio vivo

- Pablo Rivera,  da empresa 2Ksystem

- David Filgueiras, da empresa Prometal

- Raúl Lomba, da empresa Waves

Esperamos a participación de todo o noso alumnado e o profesorado nesta xornada de emprendemento para aproveitar as experiencias destes emprendedores.

 

Retraso no comezo da Olimpiada Cultural

ag

Debido, entre outros motivos, á incorporación de varios grupos de fp dual ao centro a vindeira semana, retrásase o comezo da olimpiada ao luns día 8 de febreiro.

 

Comeza a Olimpiada Cultural 2021

f  f 

O vindeiro luns, 1 de febreiro de 2020, comeza a 21ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores. Neste vídeo explicamos a estrutura e as regras do concurso.

Este ano faranse tódalas probas a través da aula virtual do centro.

Atrévete!

Pinchade aquí para inscribirvos.

 

Aquí podes ver as bases do concurso

Ya tenemos horario!!! Vuelven las clases de inglés gratuitas para tod@s!!!!

Como todos los años vuelven las clases de inglés gratuitas para tod@s:alumnos, profes, personal...Sonrisa

Ya tenemos horario!!! Las clases empiezan el martes 26 de enero y serán de 16:00 a 18:00 en el aula API-4.

Si hay algún despistad@ que no se apuntó previamente podeis ir igualmente ;)

Las clases están enfocadas sobre todo a conversación, y son para tod@s

Ánimo!! Esta vez podemos con el inglés!!

Curso de Plataformas Elevadoras 2020 / 2021

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Plataformas Elevadoras. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. Non están fixadas as datas, pero serán antes de Nadal. Os interesados deben apuntarse ata o día 8 de decembro de 2020. Non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 9 ao 11 de decembro de 2020. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Plataformas Elevadoras é: https://forms.gle/skSLbkVmTbiWhjPW6

E obrigatoria a superación da parte teórica para facer a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán co relator a través da plataforma virtual.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

25-N: CIFP Ferrolterra contra a violencia de xenero

kñkj

O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. O noso centro quere amosar a súa soliedaridade coas vítimas e a súa condena a esta tráxica lacra que día a día nos sorprende con arrepiantes cifras.

Dende a Biblioteca e a Comisión de Igualdade, propoñemos a visualización nas aulas deste vídeo de Adrián Vereda.  Igualmente, lembrar a tod@s @s que vos queirades sumar, de decorar máscaras con algún debuxo ou frase relacionada co tema e facervos fotos, individuais ou en grupo, e subilas  ás redes sociais co hashtag #cifpferrolterra. Dispoñemos de máscaras en conserxería (son para poñer por riba das vosas, non pintedes as vosas para non deterioralas)