Recoñecemento ao traballo ben feito

 

O Ministerio de Educación promoveu un estudo sobre a situación das bibliotecas escolares en todo o país, e concertou a elaboración do mesmo coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez, unha das institucións máis prestixiosas neste eido no noso país, e recoñecida internacionalmente.

Foron elixidas dez bibliotecas de toda España, entre elas, a do noso instituto. O estudo realizouse en dúas fases: unha para a recollida de datos nas dez bibliotecas seleccionadas, e outra de análise dos datos obtidos e redacción do informe final

Para a primeira fase recibimos a visita o curso 2008-2009 de dúas representantes da Fundación G.S.R. que recolleron información a través de observación directa, entrevistas con profesores, alumnos, membros do equipo directivo, e membros do equipo da biblioteca. Foron dúas visitas de dous días de duración nos meses de novembro e marzo.

A presentación do libro que recolle as conclusións de tal estudo terá lugar este venres en Fraga (Huesca), con ocasión da entrega de premios de buenas prácticas en bibliotecas escolares do ano 2009. Para representar ó noso instituto nese acto, asistirá a nosa compañeira Belén Cerdido.

O título do citado libro é Bibliotecas escolares "entre comillas" e está á vosa disposición na biblioteca, na sección de biblioteconomía (CDU 02)