II Edición do Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"
II Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"
O CIFP Ferrolterra convoca o II Concurso de ideas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprendemento e impulsar a innovación e a creatividade entre o alumnado.
Dirixido a todo o alumnado do centro ,matriculados no curso académico 21/22, FPB, ordinario, modular e dual.
Podedes participar individualmente ou en equipos.
O prazo de presentación de ideas ao Concurso é dende o 1 de marzo ata o 15 de maio de 2022.
INSCRICIÓN NO CONCURSO:
- Formulario que aparece no enlace: https://forms.gle/PiH695YkQqYTLDeJ8
- Qr que aparece no cartel do concurso ou aquí
Se precisades asesoramento ou seguimento da vosa idea na Coordinación de emprendemento e no Departamento de FOL estamos ao voso dispor para que a poidades presentar ao Concurso.
Para participar no Concurso tedes que expoñer a Idea nun VIDEO dun minuto de duración como máximo e envíalo á seguinte dirección de correo: viveiroe.cifpferrolterra@gmail.com
Recorda que a presentación é o que vai ver o xurado, realiza unha boa presentación!!!!.
O XURADO estará composto por membros da Dirección, profesorado e alumnado das familias profesionais do CIFP Ferrolterra.
E o momento de que deas a coñecer a túa idea, porque a túa idea pode ter premio €€€€€€.
As mellores ideas terán premio en metálico:
- 1º Premio: 300€
- 2º Premios: 150€
-3º Premio: 4 Premios 50€ c/u
As Ideas serán valoradas segundo os seguintes criterios de 1 a 4 puntos:
Presentación da idea |
Se a idea satisface unha necesidade existente no mercado? |
Se a idea pode levarse á práctica (viable) |
Se a idea é orixinal, innovadora e diferente |
PARTICIPADE NO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS
Esperamos os vosos VIDEOS!!!!!
Animádevos a dar a coñecer as vosas ideas!!!!
IDEAS = €€€€€€€€€€€€€€