LABORATORIO DE DIXITALIZACIÓN 3D, FABRICACIÓN ADITIVA E CONTROL DE CALIDADE

 

Comeza a súa andaina no primeiro andar do CIFP Ferrolterra o Laboratorio de dixitalización 3D, fabricación aditiva e control de calidade, proxecto creado dentro do programa Espazos de tecnoloxía aplicada.

Este laboratorio pretende ser un referente para aqueles alumnos/as que desexen adentrarse no mundo da impresión 3D e concentra o equipamento necesario para deseñar, dixitalizar, simular, imprimir, controlar a calidade e postprocesar, distribuído nas seguintes zonas:

  • Zona de docencia.
  • Zona de dixitalización 3D: onde se levarán a cabo o deseño, laminado, escaneado e reparación de mallas, para os procesos de deseño e enxeñería inversa.
  • Zona de fabricación aditiva: coas últimas impresoras de tecnoloxías FDM, SLA e SLS.
  • Zona de control de calidade: con máquina universal de ensaios, durómetro, microscopio USB e báscula.
  • Zona de postprocesado: para realizar os tratamentos posteriores ás pezas resultado da fabricación aditiva que así o requiran.

No laboratorio cursarase o curso de especialización en Fabricación aditiva e aqueles módulos relacionados co deseño do ciclo superior en Mecatrónica industrial, máis poderá ser visitado en todos aqueles módulos que consideren que poden darlle un valor engadido á súa materia coa fabricación aditiva.

A fabricación aditiva está aquí, e chegou para quedarse.


#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia