Acordo de colaboración con PCE Ibérica S.L.

 

https://www.pce-instruments.com/espanol/

O CIFP Ferrolterra vén de establecer unha liña de colaboración con PCE Ibérica S.L. (PCE Instruments), empresa adicada aos dispositivos de medición, regulación, laboratorio e pesaxe.

Este acordo de colaboración tradúcese na cesión por parte de PCE Ibérica S.L. dun microscopio USB e dunha báscula de precisión ao centro, que completarán o equipamento do noso laboratorio de Dixitalización 3D, fabricación aditiva e control de calidade. Neste laboratorio impartirase, a partir do día 2 de novembro, o novo curso de especialización en Fabricación aditiva.

Trátase dun acordo beneficioso tanto para a equipa docente como para o alumnado, xa que o uso de instrumentos de medición de calidade contrastada na Formación Profesional redundará nunha mellor preparación do alumnado.

O noso agradecemento a PCE Ibérica S.L.

#FPGalicia

#CIFPFerrolterra