Información FP Dual para o curso 2018-2019

 

ORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (data prevista de publicación en DOG o día 22.06.2018), o impreso de solicitude e un resumo dos datos principais da convocatoria: prazos, lugares para a presentación da solicitude, documentación para presentar, requisitos das persoas solicitantes e calendario do procedemento.
 
Importante:
 

  1. As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos para o curso 2018-2019 tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo ordinario de xuño-xullo. Neste caso:
  • As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e, se é o caso, poderáselle adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.
  • As persoas que figuren como admitidas en calquera dos proxectos de formación dual na listaxe de relación de persoas admitidas e en espera publicada o día 16 de xullo, están a renunciar expresamente a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia; non serán adxudicadas e non poderán formalizar matrícula ningunha nestes réximes ou modalidades.

A selección por parte da empresa, debe comezar coa publicación da relación provisional de persoas solicitantes o día 4 de xullo. De esta forma, o período efectivo de selección por parte da empresa ou entidade colaboradora vai desde o día 4 ata o día 13 de xullo.
 
Aínda que o habitual é que non haxa diferenzas entre a listaxe provisional e definitiva, de existiren deberán terse en conta no proceso de selección:

  1. Se algunha persoa presenta unha reclamación á listaxe provisional e é incluído na listaxe definitiva, débese incluír no proceso de selección.
  2. Se algunha persoa que figuraba na listaxe provisional deixa de figurar na listaxe definitiva, débese dar de baixa no proceso de selección e non figurará na listaxe de persoas admitidas do día 13 de xullo.
  3. É importante trasladar a información sobre o procedemento e os prazos de selección á empresas ou entidades colaboradoras participantes en cada proxecto de FP dual e, desta forma, facilitar a planificación e organización dos procedementos selectivos.

<<ORDE do 14 de xuño de 2018>>

<<Oferta FP Dual CIFP Ferrolterra>>

<<Instrucións para o procedemento de admisión e matrícula>>

<<Formulario de solicitude "ANEXO I" en galego>>

<<Formulario de solicitude "ANEXO I" en castelán>>