blogue depaloma.rodeiro

 

Emprendemento solidario

 Este xoves, 22 de decembro, fixose entrega dos “balancíns solidarios” elaborados no noso centro, ás responsables da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas de Ferrol.

Moitísimas grazas á responsable de orientación, e ós equipos de madeira e soldadura, pola súa implicación e traballo desinteresado.

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2022.

Xa temos premiados no concurso “Eduemprende Idea”, e os proxectos presentados polo centro quedaron en moi boa posición.

Dentro dos 3 primeiros premios quedou “TERMO JUM”, dos alumnos Juan Camba e Maikel Prado, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, cun magnífico premio de 1000€.

 

Na cuarta posición dos non premiados, o proxecto “Brétema”, de Margarita Etchevers, alumna do CM de Instalacións de Telecomunicacións de distancia, que cursou o ciclo no curso 2019/2020, xunto cunha compañeira do CIFP Ánxel Casal, Isabel Somoza.

 

Parabéns gañadores!!!