Presentámosvos o “Plan ReActiva Ourense EMPRENDEMENTO”, un programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar un asesoramento práctico e individualizado que posibilite proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado, desenvolver o Plan de Negocio/Mellora e establecer unha estratexia dixital e coñecer a súa verdadeira situación para poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Modelo de Negocio Canvas que disporá cada participante á finalización do mesmo.
A quen vai dirixido? Ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que queiran consolidar o seu negocio.
Levaranse a cabo dous programas:
- Do 7 ao 24 de outubro, cun total de 18 horas de formación on line conxunta, distribuidas en seis sesións, en horario de 16:00 a 19:00 horas, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom
- Unha xornada presencial, o 6 de novembro, de dúas horas de duración.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude.
Para máis información premer no arquivo adxunto.