Tarefa para a UD 6
TAREFA UD 6
Enunciado:
A tarefa consta de tres actividades:
- A primeira consiste en poñer exemplos reais dos diferentes tipos de empresas e organismos que estudamos no tema. Isto permitirache achegarte á realidade empresarial da túa localidade e tamén do ciclo formativo que estás cursando.
- A segunda pretende que elabores o teu propio esquema dunha parte importante do tema, pedímosche que fagas o teu propio cadro resumo comparativo das características de cada unha das formas xurídicas máis importantes.
- Na terceira actividade orientarémoste na confección da parte do teu plan de negocio que ten relación con este tema.
- Actividade 1:
Elabora un informe con exemplos reais de:
- Unha empresa de cada un dos sectores económicos clasificándoa segundo a actividade económica que realiza (Inclúe o nome da empresa, a actividade á que se dedica e, se che parece oportuno e ten web, a URL).
- Un exemplo de empresa local, rexional, nacional e multinacional e indica o ámbito territorial no que desenvolven a súa actividade.
- Actividade 2:
Elabora o teu propio cadro resumo comparativo das formas xurídicas que estudamos:
- O empresario individual.
- as sociedades limitadas.
- as sociedades limitadas nova empresa.
- as sociedades anónimas.
- as sociedades laborais.
- as cooperativas.
De cada un destes tipos debes completar os seguintes apartados:
Denominación/capital social/n.º de socios e socias/responsabilidade/impostos/
- Actividade 3:
Elaboramos o plan de negocio
Á vista do estudado nesta unidade, completa os seguintes datos do teu plan de negocio:
- Clasifica a túa futura empresa atendendo aos criterios de clasificación establecidos no tema (sector económico, actividade, tamaño, titularidade do capital, ámbito territorial...).
- Decide unha forma xurídica para a túa futura empresa e xustifica por que a elixiches.
Indica: ademais:
- a denominación social.
- as persoas que a integran.
- responsabilidade ante as débedas.