Esquema de temas
-
VISITA VIRTUAL Á NOVA AULA BIOTECNOLÓXICA PARA A INDUSTRIA ALIMENTARIA DO SÉCULO XXI
Proxecto de transformación de aula en espacio de tecnoloxía aplicada financiado polo Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional do Ministerio de Educación y Formación Profesional.
-
Neste tema imos ver que é H5P, que contidos multimedia podemos editar e en particular como son as visitas virtuais que podemos crear con este software. Veremos como acceder ao editor de contidos en Moodle e na páxina oficial h5p.org. Finalmente veremos algúns exemplos disponibilizados pola páxina oficial.
-
Neste tema elaboraremos desde o inicio unha visita guiada, usando como referencia un dos exemplos da páxina oficial.
En particular veremos:
(a) como engadir sucesivas esceas, tanto con fotos estáticas como 360º,
(b) como unir as esceas a fin de crear un percorrido virtual entre elas,
(c) como engadir contido multimedia á visita guiada.
-
Neste tema veremos como trasladar unha escea feita no editor da páxina oficial de H5P ao editor incorporado en Moodle. Da mesma maneira pode facerse o mesmo ao revés coas restriccións de tamaño da páxina h5p.org.
Ademais disto veremos as posibilidades para publicar estes contidos no entorno Drupal da aula virtual do centro.
-
Visita virtual subida ao curso de creación de visitas con H5P.
AVISO: Este contido está subido ao servidor de aulas virtuais do centro.