Curso: GUÍA DO CURSO 2024-2025, Section: Servizos do centro | AV CIFP Carlos Oroza

Main course page

Servizos do centro

  • Servizos do centro

    Biblioteca 

    O CIFP Carlos Oroza entende a súa biblioteca como un espazo de uso común que debe ser respectado ao máximo por tódolos membros da comunidade educativa por tratarse dun punto de encontro de usuarios afeccionados á lectura, alumnado que desexa estudar, que utiliza os equipos informáticos para a realización de traballos como tarefa das súas clases, etc. 

     Normas xerais de comportamento na biblioteca 

    Todos os usuarios e usuarias deberán respectar as seguintes normas básicas: 

    ·         Lémbrase que non está permitido o móbil salvo que estea en silencio 

    ·         É obrigatorio gardar silencio na biblioteca. 

    ·         Non se permite introducir comidas ou bebidas en ningunha zona da biblioteca, agás unha botella de auga. 

    ·         É obrigatorio respectar e conservar  as instalacións, mobiliario e fondos documentais. Está prohibido subliñar, pintar ou esgazar deliberadamente calquera dos seus elementos. 

    ·         A extracción sen autorización da biblioteca  de calquera documento suporá a aplicación das sancións correspondentes 

    ·         Os usuarios e usuarias non poden alterar a disposición dos mobles. 

    ·         A biblioteca non se fai responsable dos obxectos persoais dos usuarios e usuarias. 

    ·         Non está permitida a reserva de postos de lectura. Os lectores e lectoras poderán ocupar os asentos que permanezan  desocupados durante 20 ou 30 minutos, sempre que non existan outros asentos libres  e que as persoas que  anteriormente  os ocupasen non se atopen na biblioteca, independentemente de que  deixasen os seus efectos. 

    ·         Para usar o servizo de préstamo da biblioteca os usuarios e usuarias  deberán  presentar o seu NIF ou indicar o seu número de lector. 

    ·         O usuario ou usuaria ten a obriga de reintegrar o documento solicitado nas mesmas condicións físicas en que se lle prestou. 

    ·         En caso de perda ou deterioro dos  fondos, o usuario/a estará obrigado a restituír unha obra idéntica  á desaparecida  ou deteriorada; ou no seu defecto abonar o importe do documento. En tanto no se cumpra este requisito, o usuario/a quedará suspendido de préstamo. 

    ·         O profesorado de garda é o responsable do proceso de entrega e devolución dun documento polo que en ausencia do mesmo non se poderán retirar libros da biblioteca. 

    ·         O profesorado de garda na biblioteca deberá facela nesta e non noutras dependencias do centro xa que o alumnado non poderá estar só na mesma. 

    ·         Dado que a biblioteca é un lugar para que o alumnado teña acceso á información, os xornais estarán sempre nas dependencias da mesma para uso da comunidade educativa, tendo prioridade o alumnado no seu uso polo seu menor poder adquisitivo. 

     Préstamos 

    a.       O servizo de préstamo realizarase en horario do recreo. 

    b.      Só poderá realizar préstamos dos fondos da biblioteca o profesorado de garda, que OBRIGATORIAMENTE deberá utilizar a aplicación informática MEIGA. 

    c.       A retirada de calquera fondo farase indicando o número de lector e a presentación do NIF 

    d.      Antes de realizar o préstamo o profesorado de garda debe comprobar que o usuario  ou usuaria  non  ten ningún fondo pendente de devolución. Se un usuario/a ten fondo pendente de devolución, non poderá levar prestado ningún documento ata a devolución dos que estean pendentes, non  tendo dereito á renovación. 

    e.       Os fondos a disposición do alumnado serán os libros, revistas, vídeos, DVD e casetes. Non se prestarán o resto de materiais especiais almacenados e catalogados na biblioteca como os libros marcados como non prestables, as coleccións ou algunhas revistas. 

    f.        Os prazos de préstamo serán:  

    Alumnado: 15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa non podendo prorrogarse                  este prazo ata transcorrer unha semana dende a súa entrega. 

    Profesorado:  15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa. 

    g.      No caso de que algún alumno ou alumna continúe sen devolver o fondo prestado, e o período de  retención do mesmo supere os 20 días, o caso será levado a Xefatura de Estudos,  e terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia. 

    h.      A biblioteca dará tamén servizo de consulta dos seus fondos a persoas alleas á comunidade educativa, pero non se lles facilitará en préstamo. 

    Aula taller Restaurante Álvaro Cunqueiro 

    O noso centro pon á disposición de toda a comunidade educativa e mesmo a persoas alleas ao centro un restaurante pedagóxico, xestionado polo alumnado dos ciclos de Cociña e Gastronomía, Dirección Cociña e Panadería. Respostaria e confeitaría, na parte de elaboracións culinarias e sobremesas, como por alumnado de Servizos en Restauración ou Dirección de Servizos no que se refire ao servizo no comedor. 

    Por tratarse dun aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo: 

    §    A entrada no aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse antes das 14.30 horas. Non se permitirán entradas no mesmo a partires de dita hora, agás excepcións. 

    §    A saída do aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse como máximo ás 15.50 horas, xa que a hora de remate das clases é as 16 horas e o alumnado necesita dun tempo para recoller e cambiarse. 

    §    Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase polo que haberá que respectar ao máximo o traballo e as actividades que se estean a realizar durante o mesmo. 

    §    Os prezos dos servizos, tanto para alumnado e persoal do centro como para persoas alleas será establecido a principio de cada curso. 

    §    Non se admiten propinas. 

    Autoservizo (“Self-service”) 

    Este servizo de xantares ten como destinatarios, prioritariamente, ao alumnado do centro implicado no desenvolvemento dos servizos de restaurante. Tamén poderán facer uso do mesmo o alumnado, profesorado e o persoal do centro, sempre e cando haxa dispoñibilidade de aforo e previa reserva, e será regulado cada curso polo Departamento de Hostalaría e Turismo.  

    Cada grupo estará acompañado dun docente que velará polo correcto desenvolvemento da actividade na aula de self service durante a comida. Este tempo de comida compútaselle ao profesor ou profesora como unha garda.  

    Este servizo ten un custe para todos os usuarios do que se informará ao inicio de cada curso. 

    Aula taller cafetería “Suso Domínguez”

    A aula taller cafetaría ofrece servizo exclusivamente á comunidade educativa e excepcionalmente a algún convidado por esta. Este servizo desenvólvese durante a media hora de recreo das mañás nos días da semana establecidos para elo.

    Por tratarse dunha aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo:

    ▪ A entrada na aula taller deberá efectuarse unha vez dea comezo o recreo, ás 11:30 horas. Non se permitirán entradas na mesma antes desa hora, salvo expreso permiso do docente encargado do aula nese momento.

    ▪ A saída da aula taller deberá efectuarse como máximo ás 12.00 horas, salvo expreso permiso do docente encargado.

    ▪ Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase, polo que haberá que respectar ao máximo o traballo e as actividades que se estean a realizar.

    A Horta Oroza

    Espazo creado no recinto do centro dentro da zona verde, destinado a formación e concienciación no cultivo de produtos da horta (hortalizas, verduras, aromáticas, froitos, etc). Este espazo educativo fomentará os valores da gastronomía sustentable e ecolóxica, así como temén os hábitos de alimentación saudables e a sensibilización medio ambiental.

    A horta poderá ser utilizada polo profesorado para a formación, a innovación e investigación co alumnado nos ámbitos anteriormente mencionados.

    Aula móbil PonteVan

    O Aula Móbil Pontevan é o resultado do proxecto de innovación coordinado polo CIFP Carlos Oroza e realizado de xeito colaborativo entre os centros CIFP A Xunqueira, IES Montecelo, IES Frei Martín Sarmiento, co patrocinio das empresas Grupo Hedomín, Martínez Otero Contract, Fagor, CimaLab e Galtex2015. O proxecto foi premiado no ano 2016 pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

    O espíritu deste proxecto é o deseño e a creación dun vehículo de comida na rúa “Food Truck” a través do traballo colaborativo de centros de formación profesional e empresas, que permitirá facer prácticas reais ao alumnado das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias, así como participar en campañas de difusión e fomento das boas prácticas resultado da formación profesional e como modelo de emprendemento.

    ReCreO (Recuncho Creatividade Oroza)

    Este espazo foi creado para a súa utilización como punto de venta de productos de panadaría e pastelaría, e outros productos que deriven das prácticas nos talleres do alumnado, principalmente co obxectivo de transmitir valores relacionados coa alimentación saudable. A súa apertura estará condicionada pola disponibilidade dos grupos implicados na venta destes productos. O pago dos mesmos será exclusivamente en Orozamoedas, que se poden adquirir na conserxería do centro.

    Este espazo tamén foi concebido como un escaparate para a presentación de productos ou servizos derivados dos proxectos de emprendemento que realice o alumnado no módulo de EIE.

    Orozamoedas

    Estas “moedas” son o medio de pago exclusivo para pagar os produtos adquiridos na cafetaría Suso Domínguez ou no ReCreO. O seu valor é equivalente aos euros, e poden canxearse euros por “orozamoedas” na conserxería do centro, pero non poden canxearse orozamoedas por euros.

    Taquillas 

    O CIFP Carlos Oroza dispón de taquillas nos vestiarios que se poñen a disposición do alumnado que o desexe para gardar a roupa durante as clases prácticas nas que se exixa uniformidade. 

    Debido a limitacións de espacios é un servizo extra ofrecido polo centro a aqueles grupos de alumnado que o precisen por exixencias de uniformidade, cuxo obxecto é facilitar a súa vida diaria no mesmo tendo un carácter totalmente voluntario e por isto, quen alugue unha taquilla aceptará as normas de uso que se establecen ao respecto. 

     Para ser usuario dunha taquilla será necesario facer un abono de 10 € por taquila (en concepto de mantemento preventivo anual), pudendo ser de uso compartido. Cando se realice a entrega desta cantidade, proporcionarase o número da taquilla ao seu novo usuario/a. 

    Os usuarios deben traer o seu propio candado. Pudendo deixar unha copia da chave na conserxería. 

    A utilización da taquilla implica o correcto uso da mesma. Cada usuario/a será o único responsable do bo estado de conservación da súa taquilla e non se permite colocar adhesivos nin pintar na parte exterior ou interior da mesma. 

     Calquera dano ocasionado polo mal uso da taquilla será reparado e o importe da reparación correrá a cargo da cantidade entregada polo alumno/a. Á vista da gravidade da avaría valorarase que o usuario/a abone a totalidade da reparación sen perxuízo da posible retirada do dereito de uso da taquilla ao mesmo/a. 

     O CIFP Carlos Oroza non se responsabiliza dos obxectos extraviados, subtraídos ou esquecidos nas taquillas polo que se recomenda non depositar nelas ningún obxecto de valor e ter especial coidado en deixalas correctamente pechadas. O fin é usalas durante as horas das sesións prácticas, polo que se recom

    Debido a que o número de taquillas é inferior ao número de alumnado matriculado, algúns dos grupos deberán compartir estas. Os grupos que compartirán taquilla os designa o centro e serán informados a través do seu titor ou titora. O alumnado que comparta taquilla, compartirá os gastos derivados do uso da mesma. 

    Aparcamento 

    O espazo reservado para aparcamento do alumnado é a marxe dereita da estrada de entrada ao recinto escolar, desde o portalón de entrada ata a explanada situada ao remate da baixada. 

    O número de prazas é limitada, e o centro non ten capacidade nin legal nin operativa para regular o tráfico de vehículos, polo que:

     ·         O centro non garante unha praza para todo o alumnado. 

    ·         O centro non se fai responsable dos posibles roubos, danos e demáis incidencias nos vehículos. 

    ·         O centro non se fai responsable das consecuencias derivadas de vehículos mal estacionados, así como as posibles multas por parte de axentes de orde público e/ou incluso a retirada dos mesmos pola grúa do depósito municipal de vehículos. 

     Co fin de poder controlar o aceso á zona de aparcamento reservada para o noso alumnado, procederase á identificación dos vehículos do alumnado mediante unha tarxeta numerada que deberá estar visible dentro do vehículo mentres este permaneza estacionado nesta zona.