Curso: GUÍA DO CURSO 2024-2025, Section: Normas de convivencia do centro | AV CIFP Carlos Oroza

Main course page

Normas de convivencia do centro

  • Normas de convivencia do centro

    Todo membro da comunidade educativo do CIFP Carlos Oroza (alumnado, profesorado, familias, membros do equipo directivo e do Consello Social, do Persoal de Administración e Servizos) está obrigado a realizar as accións necesarias para manter a convivencia no centro, de acordo cos seguintes principios: 

    1.      O respecto e a tolerancia hacia outros membros da comunidade educativa. 

    2.      A non discriminación por motivos relixiosos, de sexo, políticos, étnicos ou de calquera outra índole. 

    3.      O diálogo como mecanismo básico de solución de problemas entre as persoas, o espírito democrático de participación activa e a cooperación. 

    4.      O respecto polo medio ambiente. 

    5.      O dereito á educación de todos os alumnos e alumnas. 

     O profesorado, no exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico. Polo tanto, cando exerza funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito nos documentos a tal efecto, teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais se é menor de idade. 

    Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias ás normas de convivencia realizadas polo alumnado dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares. 

     Ademais, poderán corrixirse disciplinariamente as condutas do alumnado que, aínda que realizadas fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten aos seus compañeiros ou compañeiras ou a outros membros da comunidade educativa e, en particular, as actuacións que constitúan acoso escolar. 

     As posibles condutas contrarias ás normas de convivencia realizadas mediante o uso de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan conexión coa actividade escolar considéranse incluídas no ámbito de aplicación deste regulamento. 

     As condutas contrarias á convivencia no centro terán a seguinte clasificación: 

    1.                        Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia 

    2.                        Condutas leves contrarias á convivencia. 

    Cando un membro da comunidade educativa entenda que existen feitos que poden ser constitutivos de delito ou falta, deberá comunicarllo á dirección, a fin da súa remisión á administración educativa e/ou ao Ministerio Fiscal, sen prexuízo de tomar as medidas cautelares oportunas. 

    Para unha descripción máis polo miudo das normas e do réxime disciplinario haberá que remitirse ao NOF e á Lei 4/2011 de Convivencia e Participación na comunidade educativa.