Curso: GUÍA DO CURSO 2024-2025, Section: Normas en caso de evacuación | AV CIFP Carlos Oroza

Main course page

Normas en caso de evacuación

  • Normas en caso de evacuación

    O centro conta cun Plan de Autoprotección propio. Disponse en cada aula, dun resumo das normas de evacuación do CIFP Carlos Oroza, que se adaptarán á situación actual das instalacións do centro. Nos diferentes corredores atoparanse os paneis cos planos de situación do centro e as indicacións para realizar a evacuación dende os diferentes  lugares  do mesmo en caso de ser necesario.

    Cando dean comezo as obras correspondentes á fase 3 da ampliación do centro, adaptaranse as indicacións para a evacuación do centro, que serán informadas en tempo e forma desde a área de administración e xestión do centro. De xeito xeral, realízase ao longo do curso un simulacro de evacuación para toda a comunidade educativa.